Os Veteranos preparan a SuperCopa
08:34 12/08/14
Xa están os Veteranos a pleno rendemento. O pasado xoves xuntábanse e decicían as datas para esta campaña, polo que en breve traeremos tamén o calendario a www.futboldacosta.com. Unha Liga que arrincará ca súa primeira xornada o 14 de setembro.
Pero antes, o Campo do Pinguel de Ponteceso acollerá este vindeiro 31 de agosto a Super Copa dos Veteranos da Costa. Como avance, enfrontaranse ás 10:00h o campión e o segundo clasificado da 2ª División, Atlético Milagrosa e ao Erbecedo, ambos este curso na 1ª.
O partidazo da pretemporada será ás 12:00h, cando se enfronten o Coristanco (Campión de Liga) e o Dumbria (campión de Copa).
A sorte está botada!
Novas relacionadas
- O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- O Coristanco leva o título de Veteranos.
Máis información
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
- Redacción de QPC ([email protected]).