mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Vikingos prepáranse para invadir Carnota

Os Vikingos prepáranse para invadir Carnota
Carreira Vikinga Carnota 2016

Xa sabemos que o deporte forma parte da Semana Santa carnotá. Acompañando a fantástica Mostra Víndemo Ver, cada ano o atletismo e o ciclismo teñen a súa cota de protagonismo para poder disfrutar da brava natureza costeira facendo deporte. Xa falamos V Ruta BTT, e hoxe toca coller o escudo e falar da Carreira Vikinga.

Unha carreira vikinga que se convertiu nun clásico Trail do Concello carnotán. Este ano disputarase a cuarta edición o domingo 27 ás 10:30 h.

Todos/as aos que lle guste o deporte e a montaña teñen que participar. De 4 anos en diante os corredores gozarán dun paraxe natural incomparable, de tramos complicados, de pasos por cortafogos, de fontes naturais, etc. A categoría absoluta percorrerá 18 km, mentres que os máis pequechos farán 2km (Cativos 2), 1km (cativos 1) e 300 m (Pitufos).
Todos eles/as levarán cadansúa camiseta conmemorativa da carreira, o avituallamento preciso e disporán de duchas no pavillón.
Tamén haberá trofeos/medallas para os tres primeiros clasificados/as da categoría absoluta, para o 1º Carnotán e medallas para todos os participantes das categorías base.

As inscricións xa están abertas no seguinte enlace http://vikinga.galitiming.com/.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios