Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Xuvenís e as Seleccións, principais novidades da reunión coa FGF

Os Xuvenís e as Seleccións, principais novidades da reunión coa FGF
Reunion da FGF en Baio 2 Imaxe da reunión de onte da FGF en Baio

Era unha das reunións máis importantes do ano, pois é a cita na que os clubs poden facer as peticións que consideren oportunas antes dunha Asemblea Xeral. E parece que o Fútbol da Costa respondeu cunha gran afluencia de gran parte dos clubs de todas as categorías, participando moito ademais.

Por parte da Federación tamén estivo presente o presidente Rafael Louzán, Carmen María Fereiro como representante da mutualidade, ademais de Benjamín Amigo, e os delegados costeiros Manolo Corredoira e Vítor Recarei.

O Presidente levou a voz cantante e comezou presentando os grupos ligueiros das diferentes categorías con participación costeira, analizando cada problemática.

Copa da Costa Feminina

Unha das grandes novidades da reunión foi o anuncio por parte do presidente da intención de crear unha Copa da Costa Feminina. Xa saben que pola banda de Muros hai intención de crear o primeiro equipo feminino da zona.

Novidades das Ligas

Onde máis houbo debate foi na categoría xuvenil, onde varios clubs si querían unificar os grupos, mentres outros como Muxía e Corcubión, argumentaban que a Liga se faría demasiado longa ao ser, en principio 19 equipos. Dende a Serra propuxeron a opción de facer un sistema competitivo como se fai en Santiago, cunha primeira volta entre todos, e despois os 10 primeiros pasan á Fase Final e os outros 9 pasarían a unha liguilla copeira, loitando por 6 prazas para a fase de eliminatorias da Copa puidendo darse de baixa nese momento.

De primeiras, cae o Zas e entra o Soneira en categoría Xuvenil. En todo caso, cómpre estar pendente das baixas de última hora que sempre se producen.

Hai novidades tamén nos equipos de Cadetes, onde cae o Soneira e entra As Baleas, quedando 13 equipos.

Como todos os anos, caeu a promesa de que se loitará pola segunda praza da Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil. Este ano si que hai fe en que se consiga. Uns Infantís que pasarán

De mutua e árbitros

Coma sempre, houbo moitas preguntas sobre a mutualidade.

Ademais falou Vítor Recarei, que pedíu que se traduza ao galego o regulamento e que se poidan imprimir para que todos os clubs poidan ter o regulamento en papel.

Ademais Vítor explicou a baixada de prezos das arbitraxes, outro dos puntos de maior expectación. Ao poñer o punto de referencia en Baio, a diferencia de 60km repercute no desprazamento pero tamén na desaparición das dietas que cobraban os colexiados por desprazamentos maiores a 50€. Apenas quedan dúas excepcións, Muros e Carnota e que probablemente recibirán colexiados da zona de Boiro, polo que a situación sería a mesma.

Se ben en 2ª e 3ª Galega, co recibo unificado, non se notará demasiado, si en categorías de base os clubs poderán aforrar da orde do 50% nos recibos arbitrais.

É certo que os árbitros costeiros perderán algo de ingresos brutos, pero gañan en calidade de vida, pitando máis na súa propia terra, onde disfrutan máis.

Seleccións

Houbo novidades en canto as Seleccións da Costa. A Costa vai ser unha Delegación máis a efectos de competición, e por exemplo esa Selección Sub-15 que xa ten competido pasará a participar en campionatos coas Vigo, Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, e Pontevedra. Iso si, non entra o Bergantiños.

Igualmente, o Presidente recoñeceu o compromiso co Combinado do 11 Ideal que saíu da Gala do Fútbol da Costa QPC e pediu a facilidade dos clubs para deixar aos xogadores de cara a un choque de pretemporada que podería ser ante o Deportivo B.

Asemblea Xeral

Agora, a vindeira cita será a Asemblea Xeral, que con probabilidade se celebrará o 22 deste mes de xullo, na que a FGF xa chegará con propostas concretas e traballadas. Ademais, será o último día para inscribir ou dar de baixa o equipos, situación de incertidume na que se atopa a día de hoxe o Unión Club Cee, despois de que a actual directiva decidise salvaro ao Zas renovando un ano máis.

 

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios