Outes, Carballo, Cee, Ponteceso e Cabana preparan as zapatillas para as súas Carreiras

Segue sendo unha febre esto do atletismo na Costa da Morte. A semana pasada Vimianzo batía marcas de participación nunha nova Carreira do Circuito Correndo pola Costa da Morte (a seguiente proba o 23 de maio en Zas). E xa se coñecen as datas do III Circuito Provincial de Carreiras Populares que artella a Deputación da Coruña. E 5 das 25 probas deste 2015 serán na nosa zona.

As probas comezaban esta pasada fin de semana, e continúan na fin de semana das Letras Galegas, ca proba de Rois, e de Outes, para o domingo 17.

A seguinte proba costeira será a carreira 10k Carballo celebrarase o 21 de xuño, e para a cal xa está o prazo de inscrición aberto.

A 2ª edición da Carreira Pedestre do Concello de Cee 2015 terá lugar o sábado 27 de xuño.

Despois tocará para o 5 de xullo, a II Carreira Concello de Ponteceso, e logo dun parón sen citas costeiras, o circuito volverá pola Costa o 26 de setembro coa II Carreira Popular Dolmen de Dombate, en Cabana.

Poden participar dende nenos de 8 anos ata persoas de máis de 60 xa que hai ata dez categorías de idade. Os interesados en apuntarse poden facelo a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.atletismogalego.org) ou da organización de cada carreira. Boten un ollo tamén en http://www.championchipnorte.com.

Calendario de probas do Circuito Provincial

  • II CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES 01/05/2015
  • XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 03/05/2015
  • I CARREIRA TERRAS DE IRIA (ROIS-DODRO) 16/05/2015
  • VIII CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/2015
  • XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE A SILVA (CERCEDA) 31/05/2015
  • VII CARREIRA POPULAR PEDESTRE "TORDOIA IN ESSENCE" 06/06/2015
  • IV CARREIRA POPULAR RÍA DO BURGO 07/06/2015
  • V CARREIRA POPULAR 10KM CONCELLO CARBALLO 21/06/2015
  • II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 27/06/2015
  • II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESO 05/07/2015
  • IV CORRESAN NOCTURNA "CIDADE VELLA" SANTIAGO 11/07/2015
  • XXIV MILLA URBANA CONCELLO DE ARES 01/08/2015
  • XXVI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE 15/08/2015
  • XIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA 29/08/2015
  • VII CARREIRA POPULARA CONCELLO A POBRA 30/08/2015
  • XXXIV MARATHÓN POPULAR SAN XOAN DE PIÑEIRO MUGARDOS 05/09/2015
  • IV CARREIRA NOCTURNA "CORRE POR FERROL" 12/09/2015
  • IV MILLA URBANA CONCELLO DE VALDOVIÑO 20/09/2015
  • II CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE CABANA 26/09/2015
  • XVIII CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA 27/09/2015
  • IX CARREIRA POPULAR CORUÑA10 04/10/2015
  • V CARREIRA DA AUGUA UNICEF SADA 11/10/2015
  • XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE AMES 18/10/2015
  • III CARREIRA POPULAR TOFFE-CONCELLO DE RIANXO 01/11/2015
  • XXXVI CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA 08/11/2015

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).