Muros tamén se prepara para a súa Carreira do Espíritu Santo

08:40 25/03/15

Non cabe dúbida que o atletismo (ou running?) está en auxe. Aínda temos pendentes a Carreira noctura “De dous en dous” para o 11 de abril, a Legua Irmandiña e máis as 7 seguintes probas do II Circuito Correndo pola Costa da Morte. E por certo, hoxe abrirase o prazo para a Carreira de Vimianzo que se desenvolverá o 26 de abril.
E por esas datas, e xa nos imos preparando, chegará a IV Carreira Espíritu Santo de Muros, que organiza a ACRDM O Rumial. O ano pasado vencía o muradán Manu Dosil, ao que podemos ver este curso no cartel.
A cita será o 2 de maio, e arrincará en categoría absoluta ás 18:00h no lugar do campo de Cortes. Serán 8km de distancia e xa podedes inscribirvos, ata o 30 de abril, en carreiraespiritusanto.blogspot.com.es.
Novas relacionadas
Novas relacionadas
- O 11 de abril, unha Carreira solidaria e nocturna para correr de 2 en 2.
- Case 400 atletas no comezo en Camariñas do II Circuito Correndo pola Costa.
- En marcha o II Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- Os Irmandiños tamén saben correr a súa Legua.
- Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- A Federación Galega de Atletismo premia ao Concello de Carballo.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).