Venres. 26.04.2024
El tiempo

O II Circuito Correndo pola Costa da Morte arrinca en Camariñas

O II Circuito Correndo pola Costa da Morte arrinca en Camariñas
Carreira Pedestres Camarinas 2015

9 serán finalmente as probas do II Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte. O Concello de Dumbría únese a esta iniciativa artellada polos técnicos deportivos municipais no Club Deportivo Costa da Morte. A primeira edición remataba cunha impresionante Gala de Premios, dando conta da gran incidencia das 8 probas e da moda costeira.
O obxectivo deste curso será o de superar os 100 inscritos que percorreron case todas as probas.

Ademais de Dumbría, Pedro Nimo será a outra novidade da campaña 2015 pois será o padriño das probas. Ademais, as fins solidarias tamén chegan ao circuito, pois amplíase o circuíto á proba 5K Contra o Cancro, na qque os cartos recadados irán destinados á Asociación Provincial Contra o Cancro.

Con varios cambios no calendario proposto hai un mes (a proba de Dumbría será finalmente en maio e a de Cee retrásase ao 27 de xuño) xa temos o cartel da primeira proba, que será de Camariñas o vindeiro 8 de marzo. Xa podedes, de feito, pasar por championchipnorte.com para fomarlizar a vosa inscrición á carreira conserveira.

Probas da II Edición

II Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 2015 A segunda edición quedaría calendarizada da seguinte maneira:
  • 08-03-15 Camariñas (IV Carreira pedestre Concello de Camariñas).
  • 26-04-15 Vimianzo (IV Carreira Pedestre Concello de Vimianzo).
  • 23-05-15 Dumbría (I Carreira Pedestre Concello de Dumbría).
  • 06-06-15 Zas (II Carreira Pedestre Concello de Zas).
  • 27-06-15 Cee (II Carreira Pedestre Concello de Cee).
  • 29-08-15 Carnota (XXIV Carreira das Areas do Concello de Carnota).
  • 27-09-15 Corcubión (XIV Carreira Pedestre Vila de Corcubión).
  • 18-10-15 Fisterra (II Carreira Pedestre Concello de Fisterra).
  • 22-11-15 Muxía (II Carreira Pedestre Concello de Muxía).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios