Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Papá Cerqueda

Papá Cerqueda
Ángel Garrido xa non é presidente da UD, pero desde un posto externo sigue a coidar e asesorar a entidade a que lle deu forma novamente hai xa vinteseis anos Angel Garrido con Javier Souto na homenaxe que lle rendeu a sua UD Cerqueda Angel Garrido con Javier Souto na homenaxe que lle rendeu a súa UD Cerqueda en 2013 Se vostede vive nunha parroquia sen clube de fútbol, e está disposto a asumir unha hipoteca ao seu tempo libre, saúde e incluso diñeiro para darlle representatitivade na Liga da Costa, o primeiro paso a dar debería ser contactar con José Ángel Garrido Suárez. Antes da recente chegada dos Seaia, Volantes, Ameixenda, Pindo, Pereiriña e demais proxcectos recentes, a súa foi a refundación da Unión Deportiva Cerqueda, que botaba a andar de novo no Concello de Malpica alá por 1994. Os pais fundadores daquela criatura que vai cerca de cumprir as tres décadas, en perfecto estado de saúde, foron Javier Couto e o propio Garrido. No que pode ser unha campaña histórica, a UD vai camiño de ser o primeiro equipo do municipio por clasificación. Pero non todo ten sido a bonanza e edificio con pilares sólidos de agora. Houbo un tempo, non hai moito, no que Garrido tiña que facer de presidente, delegado, director deportivo, responsable da canteira e, se cadra, só lle faltaba rematar os córners. Coa entidade máis sólida que nunca e unha viabilidade fóra de toda dúbida, o pai fundador decidiu dar un paso a un lado, e seguir co seu compromiso de forma externa, sen un cargo que lle vincule directamente á súa UD. Botando a vista atrás, ten claro cal é o seu motivo de orgullo. "Que o traballo feito durante anos se vexa refrendado polas xeracións que xogaron desde aqueles primeiros pasos; hoxe en día moitos foron e algúns siguen sendo directivos, que traballan para que o clube siga competindo", confesa Garrido, que anima a outros a seguir a súa idea de comezos dos noventa. "Non creo que eu fose un exemplo, pero estamos a amosar que incluso partindo dunha parroquia pequena, con poucos recursos, con ganas e ilusión pódense facer cousas moi boas", subraia. Atrás teñen quedado tamén tempos na que todo era difícil, ata ter unha casa digna ou convivir cos veciños. Con Xaviña xa establecido como fogar no desterro, e esquencidos os problemas co Malpica para utilizar a Pedra Queimada, Garrido repasa a situación dun municipio con catro clubes (Malpica, Cerqueda, Buño e Sporting Seaia), e sen apenas fútbol base. "Actualmente, o Concello tomou cartas no asunto, tentando unir aos clubes para que sigan un pouco os éxitos da base que eles controlan nas actividades extraescolares, pero pode que sexan as entidades as que teñan que dar un paso entre todas e facer unha mellor planificación", advirte. "Creo que a base nunca ten estado mellor que agora, xa que os nenos agora comezan a xogar en idade biberón, teñen adestradores titulados na súa formación, e hai moita xente que aposta pola base, eu vexo todo mellor que hai dez anos", engade. E por ese traballo precisamente cre que debe crearse o sentemento de pertenencia e a identidade dunha sociedade deportiva. "O futuro do Cerqueda sempre vai depender de que siga habendo xente que queira a este clube e traballe na súa xestión, agora sería importante retomar de novo as categorías inferiores e crear de novo unha gran familia, para que o equipo Sénior teña sucesores con futbolistas que compitan desde pequenos con este escudo", lembra. Angel Garrido na homenaxe que lle rendeu a sua UD Cerqueda-Foto-David Castro Angel Garrido na homenaxe que lle rendeu a sua UD Cerqueda en 2013-Foto-David Castro E falando de sucesores, parece que hai Ángel Garrido para rato. A versión 2.0 ou Júnior, seu fillo, exerce un gran traballo de comunicación e parece ter herdado o sentemento do seu pai, que recoñece que é un activo de futuro: "En amor ao clube ten igual o superior a min, e seguramente algún día poderá chegar á presidencia; non hai presa para iso; eu comecei como directivo con 24 anos e cando cheguei a presidente 43, así que tampouco ten que precipitarse". Ángel e a UD son algúns dos pilares que sustentan a fórmula. O outro o ten moi claro Ángel. "A verdade que unha persoa moi importante que me permitiu adicarlle todo este tempo ao Cerqueda foi a miña muller", finaliza 'Papá Cerqueda'.

Novas relacionadas

 

Comentarios