Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino

Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino
Patri Romani e Eva Lema do Fisober ao Viaxes Amarelle de Primeira

O Viaxes Amarelle FSF vén de reforzarse este verán con dúas rapazas da Costa da Morte. Mágoa porque deixan ao Fisober sen dous dos seus puntais, pero toda unha alegría en toda a parroquia vimiancesa por ver como dúas das mozas que se formaron dende abaixo na canteira do Fisober seguen medrando futbolistamente. Ambas muxiás, Patri Romaní levaba 10 anos no Fisober polos 7 da novísima Eva Lema, que defenderá a meta do equipo galego

Estes días o blog do clube inclúen dúas interesantes conversas con elas. As Entrevista con Eva Lema e mais a Entrevista con Patri Romaní dan conta da ilusión coa que ambas xogadoras inician este periplo.

Unha 1ª División tremendamente esixente que as fará viaxar por toda España, con apenas 5 paradas en Galicia ante os Burela FS, Poio Pescamar, Ponte Ourense, Valdetires Ferrol, Cidade das Burgas.

Aínda así teremos ocasión de ver ás costeiras vestidas coa camisola laranxa en breve en Vimainzo, na Copa Xunta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios