Martes. 10.09.2024
El tiempo

Pichichis: Adrián Makaay alcanza a David Blanco

Pichichis: Adrián Makaay alcanza a David Blanco
Adrian Makaay e David Blanco suman 37 na Liga da Costa-Fotos-Dario Gomez e Alejandro Mel Adrian Makaay e David Blanco suman 37 na Liga da Costa-Fotos-Darío Gómez e Alejandro Mel

Menuda temporada esta de goleadores. Así dan conta as táboas de Luís Porto que, como sabedes, leva un seguemento (coa nosa auda) moito máis real que o que din as actas. Un xogador costeiro con 24 goles en 1ª, e na 2ª Autonómica dous con 37, un 32 e outro con 31.

Está que ferve a Liga da Costa, cunha fermosa loita que representa a pelexa entre o Fisterra e o Zas por alcanzar o título. Adrián Makaay, como o Fisterra, vén dende atrás e aproveitou a baixa de David Blanco nesta última xornada para alcanzar no alto da táboa ao pichichi zaense, que como o seu equipo, parece que vén de máis a menos.

37 goles teñen os dous, unha cifra moi considerable que bate moitas marcas dos últimos anos. Álex Flores (SD Castriz), e o camariñán Yuyo, están aí a expectativa con 32 e 31 tantos cada un, cando faltan 2 xornadas para o final.

Basti, tamén pichichi en 1ª

E como o seu equipo campión, Basti é o pichichi da categoría, e claro, da Costa, mantendo a vantaxe de 5 goles sobre Raúl, despois de que ambos marcasen esta fin de semana.
A 8 goles de distancia, figuran o cormelán Lucas e a Piki, (Outes CF) que marchan empatados na 3ª praza con 16 goles, aínda que o da Serra, cun partido menos polo partido aprazado fronte ao Agolada.

Pichichis do Futbol da Costa a 25 de abril 2016-Fonte-Luis Porto Pichichis do Futbol da Costa a 25 de abril 2016-Fonte-Luis Porto

Novas relacionadas

Pichichis do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios