Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas
Comezou o Camariñas a Liga cunha traballada vitoria en casa ante o Rasoeiro, que supón un fantástico impulso para afrontar unha longa campaña. E ofixo despois da presentación oficial de toda a familia conserveira, con todas as Escolas de Balonmán que demostran que a canteira está moi forte.
Pola súa banda o Calvo Xiria desprazouse este domingo a Vigo para disputar o partido da sexta xornada da liga de 1ª Estatal que o enfrontaba ao Granitos Ibéricos, equipo que non foi quen de puntuar no que vai de tempada, pero que complicou, e moito, a conquista dos dous puntos por parte carballesa.
Mentres, xa están na xornada 6 os dous equipos costeiros da 1ª División Feminina. O Bm. Camariñas vencía ao Balonmán Caselas por 30-23 quedando 5ª as camariñás con 8 puntos, a 4 do líder o Porriño. Mentres que as do Goldie Xiria acadaban a súa primeira vitoria ante o Bueu Atlético que as mete na loita por manter a categoría.
1ª División Autonómica
- Resultado: Bm. Camariñas - Rasoeiro Bm (32-31)
- Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (6), Eusebio (1), Sergio (2), Ángel, Xabi (8), Catalán (8), Perón (3), Damián, Antelo (4), Jaime.
Primeiro partido de liga con dous equipos moi parellos e con serias ausencias en ambas formacións, ben fose por lesión, sanción ou traballo.
Empezou ben o Boya cun parcial de 8-2, prometéndollas moi felices, pero o adestrador visistante xogou moi ben as súas escasas cartas e axustando o seu defensa impediu que os locais se fosen no marcador recuperando os poucos ata ata poñerse por diante no marcador co seu porteiro Noya de figura, parou 6 penaltis e un sinfín de contraataques, foi el quen mantivo ao Rasoeiro no partido, bo porteiro, ao que o Camariñas fixo aínda mellor, xa que as súas selección de tiro non foi boa.
Ao final un inicio con vitoria, que sempre é bo, agora toca preparar o próximo partido que será contra o Pontedeume, que quizais vaia a ser o equipo revelación desta liga de 1ª División Autonómica.
1ª División Estatal, xornada
- Resultado: GRANITOS IBÉRICOS - CALVO XIRIA (24-28).
- Calvo Xiria (12+16): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Zas, Javier (1), Manuel (5), Pablo (10) -equipo inicial- Naya [p], Martín G. [p], Calvete, Brais (4), Jorge (4), Rubén (1), Martín A. (1)
Os verdibrancos de inicio conseguiron levar a voz cantante durante os primeiros compases do partido e ao pouco gañaban por 1-3, mais foi un espellismo, pois hoxe viuse a un equipo sen a intensidade e a concentración necesaria para competir nunha categoría tan esixente coma a 1ª Estatal, na que calquera pode amargar o día aos que ocupan os postos altos da táboa clasificatoria.
Os vigueses pouco a pouco fixéronse co mando do encontro, marcando o ritmo que máis lles interesaba. Os carballeses eran incapaces de frear o ataque local e pola contra non eran quen de manexar o balón de xeito coherente cando o tiñan no seu poder. Con este panorama, e un gol a falta de 3 segundos para o remate do primeiro tempo por parte viguesa, se chegaba ao descanso. Logo do visto no terreo de xogo, o mellor que lle podía pasar ao Calvo para tratar de reorganizar ideas.
E conseguiuno, máis so de cara ao resultado. No minuto corenta tomou a dianteira no electrónico, máis non no xogo. Se habitualmente tira do colectivo, desta volta foron as individualidades as que sacaron adiante o partido. Iago na portería parou balóns decisivos no tramo final, e na parcela ofensiva Pablo, Manuel e Brais foron os máis atinados.
Atrás queda un mes de outubro que deixou catro vitorias en outros tantos encontros para o conxunto carballés. A próxima cita para o balonmán en Carballo será o sábado 2 de novembro no Vila de Noia ás 18:00, na que recibirá ao Bueu At.
Máis información
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Estatal
- Clasificación da 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial.
- O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga.
- O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar.
- Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.