Pleno de vitorias para o balonmán costeiro
Boa xornada para os 3 equipos costeiros nas Ligas de balonmán. Por Carballo, o Calvo Xiria suma xa 11 vitorias noutros tantos partidos, mentres o Goldie volvía gañar.
Boas novas tamén en Camariñas, onde o cadro conserveiro mantense colíder tras vencer en Tui.
1ª Estatal, Gr. A, xornada 8
- Resultado: Calvo Xiria - Luceros (30-22)
- Marcador cada 5 minutos: 3-2, 4-5, 6-7, 8-7, 12-9, 16-10, descanso, 18-11, 19-13, 21-16, 25-16, 27-18, 30-22.
- CALVO XIRIA 30 (16+14): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (4), Julián López, Uxío Batán, Ramón Suárez-Pumariega (3), Martín Alfeirán (4), Mario García de Seárez (1), Pablo Iglesias (4), Carlos Vilanova (7), Iván Calvo (1).
Os primeiros quince minutos foron todo o contrario, os carballeses non estaban centrados e o mando, tanto en goles coma en xogo, era dos do Morrazo. Non foi até que mudaron a súa intensidade defensiva os locais que comezaron a mandar no partido, impoñendo a lóxica da clasificación, ante un equipo visitante que foi de máis a menos co paso do primeiro tempo, chegando ao descanso seis goles abaixo, e o máis importante ca sensación de que o Xiria era superior no día de hoxe. O segundo tempo fixo que esa sensación se plasmase na pista, e so a relaxación na finalización en certos momentos deu algo de vida aos cangueses, factor corrixido polos lanzadores locais conseguindo por de novo distancia no marcador para afrontar un final moi tranquilo.
1ª Autonómica, xornada 5
- Resultado: Bm. Tui - Bm. Camariñas (29-36)
- Balonmán Camarilas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (8), Fary (5), Eusebio (4), Checho (1), Damián (1), Fabio (1), Catalán (10), Xosé, Héctor (2), Fran, Antelo (3) e Moncho (1).
Moitos goles no partido de Tui, 29-36, que di moito dun partido onde a rapidez dos ataques dun e outro equipo foron o que marcou o devir do encontro. Por parte do Tui destacar á súa central Alejandro que coas súas 10 goles meteu no partido ao seu equipo, por contra tamén hai que mencionar a excesiva dureza defensiva dos locais, pois Catalán, Héctor e Alan do Camariñas tiveron que pasar pola enfermería. Por parte do Camariñas, destacar a Fary, Alan e Catalán.
Segue colíder o cadro camariñán, empatado con Rasoeiro e Teucro a 10 puntos. A próxima xornada o Conservas Boya recibe ao Seis do Nadal no Pabellón de Camariñas o sábado ás 18:30h.
1ª Autonómica Feminina, xornada 11
Goldie Xiria co Rasoeiro- Resultado: Balonmán Lavadores - Goldie Xiria (23-24)
- Parcial ao descanso: (17-13)
- Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira), Natalia Solís, Leticia Casal 2, Adriana Gómez 2, Patricia García, Jessica Posse 5, Sheila Ferreiro, Alba Pombo, Marta Regueira 3, Zeltia Landeira 4, Elena Segade 2, Ainoa Míguez, laura Carracedo 5 e Raquel Gómez 1.
Gran remontada das carballesas en Vigo, despois de ir todo o partido por detrás no marcador.
Non atopou os axustes defensivos o Goldie nos primeiro 30 minutos, o que supuxo unha considerable vantaxe para o Lavadores, chegaban as viguesas a lanzar comodamente a portería trasformando en gol cada ocasión.
Pese a elo, o Goldie saíu con outra cara e sobre todo con paciencia na segunda metade, foi recortando distancias no marcador, o perigo do dobre pivote do ataque do Lavadores foi axustado, e en ataque a mobilidade e acerto facían que o marcador se axustase nos derradeiros minutos. Un mellor saber estar e a intensidade defensiva ata o final, dou a vitoria final para o Goldie Xiria, deixando ao seu rival en tan so 6 goles na segunda metade.
Máis información
- Resultados e Clasificación da 1ª Estatal, Gr. A.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.