Venres. 17.05.2024
El tiempo

Polas dúbidas

Polas dúbidas
Incontestable triunfo dun Baio que moralmente e case na práctica se asegura o título da Liga da Costa, tras superar ao Corme no partido do ano; as novas de Preferente e Primeira deixan o único lunar da derrota do Sporting Zas O Baio celebrou o case título A mellor forma de acabar cos debates é unha sentencia irrefutable, e así debeu entendelo un Club Deportivo Baio que soterrou o partido do mes, ano e case siglo na Liga da Costa para convertilo prácticamente nun paseo que lle asegura boa parte do título. Os de Pedro Gómez superaron a un Corme ao que avantaxan en case dous encontros mais o average particular, a falta de só catro xornadas por disputarse. Era o Platas Reinoso o escenario dunha sorte de Copa da Costa sen trofeo, ou polo menos cun vale para recoller o título da regularidade dentro dun mes. Estivo a tarde máis próxima á contundencia do enforntamento copeiro que da igualdade do torneo da regularidade, no que a pesares dos case cen goles a favor e das só dúas derrotas os percebeiros poden quedar ás portas. E non só do entorchado, senón tamén dos postos de promoción, xa que o San Lorenzo non cede. Son xa doce vitorias e un empate no que vai de segunda volta para os carballeses, que esta vez superaron a un dignísimo Cerqueda. Tampouco dixo adeus ás súas opcións un Mazaricos aplastante no derbi de Castriz. Na outra loita en forma de título da supervivencia o Camariñas selou a renovación do seu pasaporte para o vindeiro curso ao igualar cun necesitado Coristanco, mentres que a Esteirana de Pladur tomou aire a costa do Unión Club Cee. Pinta mal para Corcubión e e Porteño, derrotada nas visitas norteñas a Malpica e Ponteceso, respectivamente. O Buño tamén ve a luz tras superar ao Monte Louro. Por arriba foron case todo boas novas, especialmente nunha Preferente na que a nova do triunfo do Soneira en Mugardos debeu escoitarse en media Costa 'pobre' (no sentido dos que loitan por evitar arrastres). Tiraron de orgullo os de Víctor Pazos nunha particular final, alimentada no seu valor tamén pola derrota do Bertamiráns. Non houbo historia no triunfo caseiro do Sofán, nin no partido dun Xallas xa sen aspiracións. O patiño feo dos costeiros foi esta vez un Sporting Zas que necesita xa un desfibrilador para saír da UCI, e que esta vez cedeu na casa ante o Unión de Asados. Precisamente desa zona de coidados intensivos saiu un Outes que de novo tirou de 'cambeiriña' para vencer ao rocoso Flavia e xa presentarse en sociedade como equipo agora mesmo de Primeira, por dereito e ovos propios. O Dumbría aumentou a súa marxe na cabeza e toca xa o título, mentres que o Fisterra, que esta semana recuperará (en pleno Cristo!) o seu choque pendente co Lalín, caía en Padrón insospeitadamente. Comezou a promoción da Terceira, e o fixo confirmando a tendencia coa que terminara a liga, co Lira medrando e decidindo por calidade individual, e o Ameixenda deixando unha gran sensación de equipo.  

PreferenteNorte, xornada 32

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 30

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 31

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 29

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

 

LigaGalegaCadete, xornada 29

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

 

LigaGalega Infantil, xornada 28

 

1ªInfantil, xornada 29

 

LigaAlevínNorte, xornada 7

LigaAlevínSur, xornada 23

LigaBenxamínNorte, xornada 7

LigaBenxamínSur, xornada 23

LigaPrebenxamín, xornada 6

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios