Venres. 17.05.2024
El tiempo

Polos cravos de Cristo!

Polos cravos de Cristo!
A antesala da Semana deixa un partido a modo de final pola Liga da Costa entre o líder Baio e un Corme que transita a dous puntos; en xogo estará tamén o average particular, despois do 1-1 en O Cairo Dous cracks veteranos como Alejandro e Martin no COrme-Baio-Foto- Santi Diaz Dous cracks veteranos como Alejandro e Martín seguen protagonizando os choques entre Corme e Baio-Foto- Santi Diaz Tódalas chamadas á épica beben de tardes como a de hoxe no Platas Reinoso, onde nunca un simple partido de Liga achegouse tanto ao concepto e clímax dunha final de Copa da Costa. Un curso en noventa minutos, o partido do si ou non… tódolos titulares manidos son acertados e debuxan o que de decisivo ten o Baio-Corme. Incluso o precedente da primeira volta, con igualada a un tanto, invita a que se abra se cadra máis o interrogante do campeón o que en calquera caso será un sub con pedigrí de grande. Chega con dous puntos de vantaxe o cadro local, nunha dinámica idílica e o reforzo moral de quen ten aguantado todo un curso a rebufo e aproveitado a única oportunidade en forma de derrota que lle concedeu o Corme. Non variará demasiado o prantexamento de Pedro Gómez, que non poderá contar con Brais Garrido, Pedro, Cristian e Porto, e que en principio mantén a única dúbida na aposta por Iago ou a experiencia de Mario. Pola súa banda, o Corme, un deses equipos que un pode recitar de carreira, espera non botar en falta a dous homes de fondo de armario. Diego, fóra por motivos persoais, e o central Jesús, con golpe nas costelas, caen da convocatoria de Lentejo. Regresa Sergio tras cumprir sanción. A dúbida visitante a senta o precedente copeiro, onde unha aposta excesivamente optimista acabou castigada con cinco goles e a eliminación. No outro lado da balance está a filosofía e idiosincrasia de quen ten feito do seu estilo o santo e seña e base dos éxitos recentes. Se os clásicos galácticos centran as portadas nos Cristiano e Messi de turno unha extrapolación autóctona leva directamente os focos a MC e Alejo, patróns e señores do gol na Liga da Costa. O baiés sería unha sorte de 'pulguita', con menos incidencia realizadora (36 dianas), pero chave e oráculo da creación ofensiva dos seus. Pola súa banda, o atacante dos de Lentejo é un carnívoro famélico do gol, con máis de medio centenar de tantos e unha fiestra á historia e ao récord absoluto que todavía mantén aberta. Está prevista unha entrada de gala para un encontro que por ter ata terá tres colexiados oficiais. Firma o empate a maior parte da parroquia local, que lle permitiría o luxo incluso dun microtropezo nos catro encontros seguintes. Pero, alguén pensa neles agora mesmo? Campo: Platas Reinoso Hora: 17.00 Onces probablables: Baio: Diego, Isaac, Norberto, Iago ou Mario, Luis, Fachal, Moreno ou Martín, Rubio, MC, Bieito e Javi Suárez Corme: Susiño, Sergio, Alejandro, Pandi, Toniño, Eloy, Adrián Doldán, Brais, Lucas, Dani e Alejo Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Así o ven: Pedro Gómez (adestrador do Baio): "É un partido moi equilibrado, entre dous equipos que se coñecen moi ben; vai ser o cuarto enfrontamento da tempada e vencerá o que minimice os erros defensivos e sexa capaz de impoñer o seu fútbol" Suso da Torriña (delegado do Corme): "Ten que ser un partido igualado, podemos ganar ou levar cinco como na Copa; debería ser un partido aberto e eles a balón parado teñen máis poderío; quen se adiante tentará gardar a súa renta, pero tamén depende se MC ou Alejo meten os seus balonciños"

Comentarios