Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Por Semana Santa, Torneos varios

Por Semana Santa, Torneos varios

Semana Santa e paran, case por completo a Ligas da Costa. Pero non así o #futboldacosta, que esta ponte adicarase aos torneos. Iso si, a Preferente segue en marcha.

Así, e ademais da Ruta BTT de Carnota, hai máis propostas deportivas.

Partidos en Semana Santa

  • Preferente: Bertamiráns - Dumbría: xoves 05 abril ás 17:00h.
  • Preferente: Ribadeo - Xallas: xoves 05 de abril ás 18:00h.
  • Preferente: Santa Comba - Chantada: xoves 05 de abril ás 18:00h.
  • Preferente: Soneira - Unión: domingo 08 de abril ás 18:00h.
  • 3ª Autonómica: Muxía - Lira (reanudación dende o min.79 da x.27): xoves 5 de abril ás 17:00h.
  • 3ª Autonómica: Xaviña - Soneira B (x.33): sábado 7 de abril ás 17:00h.
  • Copa da Costa: Corcubión- Lira: Venres 6 de abril ás 17:00h.
  • Copa da Costa: Lira - Corcubión: domingo 8 de abril ás 17:00h.
  • Copa da Costa: Carnota - Volantes: domingo 8 de abril.

II Torneo Fisober&Concello de Vimianzo

O Club Fisober en colaboración co Concello de Vimianzo xa ten en marcha a II Edición do Trofeo Fisober Concello de Vimianzo de fútbol femenino. Un Torneo que chega trala fantástica acollida que tivo o ano pasado, e que este ano dá unha volta e se convrte en solidario.
I é que este ano os organizadores decidiron que o prezo da entrada sexa aportar calquera tipo de alimento non perecedero (pastas, conservas, etc) que serán entregados a Cáritas.

Así, o vindeiro venres 6 de abril (venres santo), dende as 17:00h, terá lugar un triangular no Campo Municipal de Vimianzo entre os equipos: Dubra SD (recén ascendido a Preferente Autonómica), Orzán SD (2ª División nacional) e una Selección da Costa. A convocatoria é a seguinte:

  • Porteiras: Paula (Vimianzo), Eva (Muxía) e Adriana (Cee)
  • Xogadoras: Nuria (Muxía), Kadixa (Fisterra), Barca (Muxía), Ana (Vimianzo), Patri (Muxía), Olalla (Corme), Alba (Carnota), Inés (Camelle), Elsa (Sofán), Myrella (Ponteceso), Noelia (Vimianzo), Ylenia (Corcubion), Maria (Dumbria), Tania , Aida, Martina de Carnota e Lara.

Esta foi a 1ª Selección da Costa Feminina que se estreaba o ano pasado no I Trofeo Fisober.

Maratón de póker

Ademais, o propio Fisober organiza un Maraton de Poker NL Holden Texas para o xoves 5 de abril (xoves santo). Para inscribirse haberá que achegarse ao Centro Social vimiancés (ó lado do Vía Rápida) entre as 19:00h e as 20:00h, hora á que comezará o torneo.
Son 25 puntos de inscrición e uns 1.500 de premios. E haberá pinchos ademais!

I Torneo de fútbol base Concello de Fisterra

Este xoves 5 de abril, dende as 10:30h da mañá terá lugar o I torneo de futbol base en Fisterra. Xogarán, en categorías benxamíns,, pre benxamíns e alevíns, os equipos de Fisterra, Cee, As Baleas e Carnota.

A entrega de trofeos realizarase ás 18:00h. Todo, en Ara Solis.

I Torneo Fútbol 3 da Costa da Morte

Dende Cee están a organizar o I Torneo Fútbol 3 da Costa da Morte. A cita será os vindeiros 6 e 7 de abril e hai dúas categorías: sénior (maiores de 15 anos) e Junior (de 12 a 15 anos). Nos maiores haberá 800 puntos en premios e xa poden formalizar a vosa inscrición no 622 052 194.

Torneo Infantil en Arteixo

E a incidencia de QPC no fútbol segue medrando. E se xa nos convertimos en unha webs amigas de Marcador Galego, xa nos chega información dende Arteixo.

Trátase do I Torneo Infantil de F7, que artella o clube Atlético Arteixo, e que se celebrará en plena Semana Santa nas instalacións de Ponte dos Brozos. Xoves 5 e venres 6 estarán repletos de deportes de 10:00h a 18:00h case sen parar. 16 equipos de toda Galicia competirán por todo o alto.

Aló estarán o Arteixo, Sporting Coruñés, Paiosaco, Santa Comba, Deportivo, Laracha, Ponteceso, Larín, Bergantiños, Imperátor, Cabana, Cerceda, Galicia Caranza, Villestro e Dumbría.

Novas relacionadas

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios