Venres. 17.05.2024
El tiempo

Por un título ex aequo

Por un título ex aequo
O Platas Reinoso acolle unha sorte e final a noventa minutos pola Liga da Costa, na que todo o que non sexa perder fai case campión ao Baio, mentres que un triunfo dalle ao Corme tamén o average particular; na Terceira comeza o Play Off de ascenso Corme e Baio volveran enfrontarse-Foto-Santi Soneira Corme e Baio volverán enfrontarse por todo o alto-Foto do choque do ano pasado no Cairo na 1ª de Santi Soneira Todo o que foron ata agora apenas importa. Son noventa minutos máis a propina de catro encontros máis. Baio e Corme xogan no Platas Reinoso unha sorte de final a un partido pola Liga da Costa. O que en Italia durante anos chamouse 'spareggio', que dirimía nun duelo cara a cara o que noutros países decidía o average. Todo o que non sexa unha derrota o asina o Club Deportivo Baio, que mantería dous puntos sobre o seu rival máis unha igualada no average. Os visitantes acadarían prácticamente un triunfo de catro puntos ao conquistar o feudo baiés. Outra variable da ecuación polo título, o San Lorenzo, seguiría con vida en caso de triunfo ante o Cerqueda e igualada no duelo de rivais. Só en catro dos case sesenta partidos xogados por Baio e Corme ningún puntuou. Os dous suman un promedio de gol en contra por cita, e de tres a favor. Os seus dianteiros, Alejo e MC, están máis preto do centenar de dianas que calquera outra dupla na historia recente da competición. Calquera pronóstico é construir un castelo no aire, xa que incluso as súas traxectorias e composicións de plantel apenas difieren nos anos precedentes. Unha iniciativa xusta sería abrir unha conta en change.org para pedir o título ex aequo para ambos. E mentres o resto da Segunda mira para o seu ombligo. Que non lle falen de finais a Esteirana e Cee, que no José Luis Vara xogan unha por seguir na competición (o Unión ten os deberes moi adiantados). Nin tampouco que llo digan a Porteño e Corcubión, que en Ponteceso e Malpica necesitan un triunfo para seguir co seu proxecto de remontada. Máis preto de asinar os papeles de confirmidade cos termos para a permanencia están un Baíñas moi favorito ante o Laxe e o remozado Camariñas. Ese espírito de remontada para salvarse o leva tamén na Preferente un Soneira que en Mugardos terá un vello, coñecido e difícil rival, que por fortuna non se xoga demasiado e está a un par de triunfos se confirmar a salvación. No feudo do líder e case campión pouco que perder terá un Xallas que en troques si que ten unha conta pendente co Noia, que levara inxustamente os tres puntos da Fontenla. O Sofán parece que o terá sinxelo coa visita do Sada. A Primeira dos agobios trae esta vez un rival perigoso para o Dumbría, que non o terá sinxelo na casa ante o Cordeiro de Padín, quinto clasificado. Regresa a casa o Outes ante o irregular Flavia, mentres que todo o que non sexa vencer na casa contra o Unión será unha derrota do Sporting Zas. Máis relaxado vai o Fisterra a Padrón, a medirse ao débil Esclavitud nun campo duro. Comeza na Terceira un incerto Play Off de ascenso, con Cee e Nantón como primeiras paradas. O Volantes e o Ameixenda teñen deixado partidos vibrantes, mentres que Nantón e Lira pasan por ser dous dos equipos con máis experiencia. Para estar atentos á xornada, saben que, coma sempre, os resultados das competicións ligueiras están actualizados en tempo real en www.futboldacosta.com, e que os das competicións por eliminatorias (Fase de Ascenso á Liga da Costa, e as Copas da Costa Xuvenil e Cadete) tédelas en www.copadacosta.com.  

PreferenteNorte, xornada 32

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 30

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 31

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 29

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

 

LigaGalegaCadete, xornada 29

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

 

LigaGalega Infantil, xornada 28

 

1ªInfantil, xornada 29

 

LigaAlevínNorte, xornada 7

LigaAlevínSur, xornada 23

LigaBenxamínNorte, xornada 7

LigaBenxamínSur, xornada 23

LigaPrebenxamín, xornada 6

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios