Venres. 29.03.2024
El tiempo

Posta de longo do Club Ciclista Cee

Posta de longo do Club Ciclista Cee

O Club Ciclista Cee xa ten nova equipación. O pasado sábado, tras un par de intentonas fallidas polo temporal, os case 40 membros do clube vestían os novos maillots no Paseo Marítimo de Cee, para a sacarse as primeiras fotos neste comezo de tempada.

Con máis de 15 anos de historia, o repunte que está a pegar estes dous últimos anos do clube é importante. De feito, xa ten ciclistas de toda a comarca, non só de Cee, senón tamén de Carnota, Corcubión, Dumbría e Vimianzo.

A directiva está composta por Antonio González Franco como presidente, e conta con Raúl González García, Álex Nieves Justo, Juan Antonio Villar Trillo, Eduardo González Álvarez e Kiko Lago Santiago.
Ademais, este ano a Directiva poderá contar cun orzamento de case 5.000€, achegados polos patrocinadores, xente ademais da que se monta a bici, como son Gasolinera Bazarra, Aspadex, Senra Sport, Ledlumen, Fritega e Ferroatlántica.

Primeiras citas do ano

Así, xa coas novas equipoacións, pensan nas primeiras citas, que xa comezará coa súa participación na BTT de Camariñas. Logo, irán ata os Lagos de Covadonga, participarán en moitas marchas de carretera, e como non, no Día da Bicicleta de Cee.

E ala, a saír á estrada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Fotos do Club Ciclista Cee de Antonio González Franco.

Comentarios