xoves. 01.05.2025
El tiempo

Preferente: 2 de 3

Preferente: 2 de 3
O Xallas sumou a segunda vitoria seguida (e de todo o campionato), mentres que o Soneira rompe unha racha positiva; o contrario que o Sofán, que rompe unha xeira de 3 derrotas consecutivas. Os tres na zona morna da táboa. Sofan-Lemos-Foto-SD Sofan-Lemos-Foto-SD  

Xallas - Estudiantil (2-0)

  • Campo: Fontenla.
  • Xallas: Julián, Cristian (Rubio), Bryan, Brais (Kevin), Barreiro, Canedo, Doro, Fernando, Anxo (Jesús), Camilo (Marcos) e Luisito.
  • Goles: 1-0, m.51: Anxo ca zurda cun tiro raso; 2-0, m.85: Kevin nunha contra.
Xallas-Estudiantil Xallas-Estudiantil-Foto-Xallas Está en bo estado de forma o Xallas, que puido cun Estudiantil que chegaba de líder. E de feito notouse pois saíron polo partido dende o comezo, con moita intensidade defensiva, mobilidade e velocidade na circulación de balón. Sufría a defensa xalleira neses primeiros compases, pero mantiña a Julián ben arroupado, que non tivo grandes intervencións ata o minuto 40, cando Alberto remataba alto na o centro de Colon con Julian xa superado. Sentoulle mal o descanso o Estudiantil e a segunda metade igualouse. O Xallas xa pisaba área rival e aos 6 minutos Anxo a pase de Jose abría o marcador. Volveron a apretar os visitantes, ante un Xallas que soubo ler o partido, dar un paso atrás, gardar ben a roupa, e esperar a acción para sentenciar ante un Estudiantil que deixaba máis ocos. Chegou ese último pase a 5 do final, nunha contra levada por Jesús que finalizou Kevin cun tiro raso dende a frontal. [fbvideo link="https://www.facebook.com/575635542477917/videos/1238848372823294/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/575635542477917/videos/1238849379489860/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Noia - Soneira (4-1)

  • Campo: San Lázaro.
  • Soneira: Anxo, Jota, Aarón, Brais, Oscarín, De la Sierra (Mayor), Sandelo (Dani), Pichi (Óscar), Basti, Javi (Casal) e Vía.
  • Goles: 1-0, m.47: de penalto; 2-0, m.51; 2-1, m.52: Javi; 3-1, m.57; 4-1, m.86.
Noia-Soneira Noia-Soneira-Foto-SD Partido dominado polo cadro local ante un Soneira que esperaba atrás. Pero estaba moi seguro en defensa o cadro de Manolito e non permitía chegadas claras. De feito, a mellor ocasión do primiero tempo foi un centro de Oscarín que Vía rematou só por riba do longueiro. Comezou o lío na segunda metade, e nada máis comezar o colexiado sinalaba un penalti por unhas inexistentes mans de Aarón. Apenas 4 munutos despois outro erro do colexiado ao non sinalar unha clara falta sobre o meta Anxo cando tiña o balón chapado, permítelle ao Noia marcar a porta baleira. Reaccionaba aí o cadro soneirán, e recurtaba de contado por medio de Javi cun tiro raso dende a frontal. Aí mandaba Aarón un remate ao pau, pero pouco despois o Noia facía o 3º, Anxo salvaba o 4º pero nada podía facer ante a chegada de Toni, o ex do Soneira, que pechaba o partido. O Noia queda só no alto da táboa trala derrota do Estudiantil en Fontenla  

Sofán - Lemos (5-1)

11 do Sofan ante o Lemos-Foto-SD 11 do Sofan ante o Lemos-Foto-SD
  • Campo: Carral.
  • Sofán: David Insua, Sera, Iván Rey, Félix, Seo, Brais, Fabián (Insua, m.86), Franchu (Quintela, m.68), Iván Rojo (Eibe, m.81), Luís (David Mespollet, m.72) e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.36: Fabián; 2-0, m.46: Fabián; 2-1, m.60: Núñez; 3-1, m.74: Rojo de penalti; 4-1, m.79: David Mespollet; 5-1, m.86: Eibe.
Partidazo do Sofán na casa, arroupado pola súa afección (máis de 250 persoas), ante un Lemos que pelexou máis do que sinala o marcador. Comezaba o Lemos mandando a golpe de físico e xogadas a balón parado, impedindo que os de Josito movesen o balón. Pero nun par de chegadas, o cadro local abriu a lata e Fabián meteu aos locais por diante tras máis de media hora igualada. Na segunda foi diferente o panorama. A SD saíu a sentenciar e nada máis comezar Fabián facía o segundo da tarde e da súa conta particular. Pero o golazo de Núñez devolvía aos lucenses ao partido. Foron momentos difíciles para os carballeses que mesmo viron como o pau salvaba o empate. Un penalti sobre Raúl facía máis sinxelo o camiño da vitoria cuns 20 minutos máis relaxados ante un Lemos que entregara o choque. David Insua no Sofan-Lemos-Foto-SD David Insua no Sofan-Lemos-Foto-SD

Comentarios