Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preferente: A ceros

Preferente: A ceros

A falta de tensión é patente na Preferente. Con todo practicamente mascado, os nosos equipos aínda terán que xogar 4 partidos ata acabar a Liga intentando rematar o máis arriba posible. En Fontenla, tivo lugar un derbi que podería ser moi emocionante, pero que quedou en tenso, mentres que o Soneira volvía de Mugardos cun punto. Nin só gol en ambos partidos.

Xallas StComba - Dumbría (0-0)

  • XSC: Diego, Guillermo, Pablo, Rubén, Óscar, Jota, Martín (Chinda, min.60), Doro (Darío, min.75), David Baña, Noli (Javi Suárez, min.70), Jesús (Mon, min.65).
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán, Rudi Cotelo (Martín, min.46), Huete, Aarón López (David Carreira, min.70), Aarón Fernández, Dani Casal, Piri (Iago Dosil, min.60), Iago, Leo (Luisito, min.46), Jesús (Bruno, min.46).

Boa entrada en Fontenla pero non a dun partidazo. I é que se practicamente nada en xogo máis que a 5ª praza. Así e todo foi un choque tenso, de moito respecto, e sen demasiadas chegadas a gol, e sempre estaban os porteiros para remedialas. Baña e Darío tiveron as mellores para os locais pero Juan Porrúa estivo inconmesurabe. Pola contra, foron Bruno e Aarón Fernández os que máis preto estiveron do gol, pero tamén foi a tarde de Diego na meta xalleira.

Gal. Mugardos - Soneira (0-0)

  • SONEIRA: Victor, Pichi, Ivan, Michael, Mayuyo, Bibi, Richi, Michel, Javito, Toni e Baba.

Partido no que a falta de tensión foi a protagonsita. Dous equipos sen nada en xogo máis que a loita entre quedar 9º a 14º, pois entre ambas prazas só hai 2 puntos. Ambos equipos conformábanse coas táboas, e só o novo Richi creou algo de perigo na portería ferrolana.

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios