Luns. 29.04.2024
El tiempo

Preferente: Apagar e arriar

Preferente: Apagar e arriar
Dezasete goles en contra e cero puntos foi a bagaxe dos equipos da Costa na categoría, onde ao Soneira lle queda un encontro e encaixou unha paliza demasiado dura para a moral de calquera O Sofán tivo problemas en Lemos - Foto: SD Sofán Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Viveiro 10-1 Soneira Campo: Cantarrana Viveiro: Kiko (Juan, m.62); Rouco, Jorge, Dani Fernández (Alberto, m.46), Rego, Nano, Aurelio (Álex Paz, m.53), Chis (Álex Meitín, m.54), Arturo, Enri e Popo (Xenxo, m.46) Soneira: Josiño; Darío, Jota (Sergio, m.14), César, Mayor, Óscar, Basti (Anxo, m.50), Pichi (Casti m.31), Oscarín, Richi e Brais Mouzo Árbitro: Fontes Mosqueira (Santiago). Goles: 1-0, min 5: Arturo; 2-0, min 10: Arturo; 2-1, min 20: Basti, 3-1, min 30: Arturo; 4-1, min 34: Enri; 5-1, min 40: Aurelio; 6-1, min 45: Arturo, 7-1, min 51: Xenxo; 8-1, min 67: Xenxo; 9-1, min 70: Álex Paz; 10. min 80: Xenxo Da que pensar Poucas goleadas de tal magnitude tivera o Viveiro nos seus case cen anos de historia, pero onte pasou por enriba dun Soneira con baixas, tres trocos e sen sorte no que á resistencia se refire. Só durou media hora a resistencia dos vimianceses, que necesitaban vencer nos dous encontros que restan para tentar salir das posicións de descenso. Na homenaxe ao capitán Aurelio os costeiros semellaron invitados especiais, aínda que non lle perderan a cara ao encontro ata a severidade do marcador. Antes do intermedio incluso tiveran opcións para tentar igualar. Xallas 0-2 Galicia de Mugardos Campo: A Fontenla Xallas: Koke, Cristian, Fernando (Rachón m.63), Maquiños, Rubio, Brais (Dani m.76), Doro (Fondo m.80), Carnés, Kevin, Jesús (Carlos m.70) e Camilo Galicia de Mugardos: Javi, Isi, Coro, Adrián, Manu, Dapo, Álvaro (Permuy m.60), Pablo (Nacho m.83), Zurdi (Artai m.82), Naya e Kike Árbitro: Avelino García (Ourense). Goles: 0-1 m.48 Álvaro; 0-2 m.50 Zurdi Non pasa nada Sen consecuencias na derrota dun Xallas salvado e renovado, que lle deu alternativas á canteira ante o histórico Galicia de Mugardos. Os combeses non tiveron claridade nunha primeira metade dominada polos ferrolterráns, espesos ante a meta do menos habitual Koke. Foi chave o inicio da segunda metade, na que dous lanzamentos lonxanos e axustados, o primeiro de Álvaro e o segundo de Zurdi, dictaron sentencia. Non houbo moita máis competitividade nin opcións para un equipo local que xa pensa na vindeira tempada. Atlético Escairón 5-0 Sofán Campo: O Saviñao Atlético Escairón: Javi (Cabanelas, m. 56); Aitor (Félix, m. 52), Caio, Basán, Borja C. (Díaz, m. 62); Anxo (Iago Otero, m. 56), Marzán; Rubén D. (Calo, m. 56), Iván Glez., Quiroguita; y Denis Sofán: David Pena; Jacobo (David Dourado, min. 69), Sito, Félix, Fabián; Rubén, Iván Rey (Adrián, min. 46); Seo, Luis, Iván Rojo (Cuadrado, min. 76); y Sera Árbitro: Miño Pico (Ferrol). Amonestou a Javi, Marzán e Quiroguita Goles: 1-0, min.31: Caio. 2-0, min.55: Rubén D. 3-0, min. 71: Calo. 4-0, min.88: Calo. 5-0, min.91: Calo Para tanto non era Non mereceu o Sofán sair goleado con tal magnitude da súa visita á comarca de Lemos, onde a pouca intensidade do que había en xogo resultou determinante. A valentía carballesa no segundo acto permitiulle ao local Calo ser a estrela da tarde, con tres goles saíndo desde o banco, e que non deslucen o gran curso sofanista.

Comentarios