Preferente: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións
Boas sensacións as que nos deixaron XSC e Dumbría na súa estrea na Preferente Norte. E iso que só o cadro dumbriés sumou puntos, mentres que o xalleiro deixou escapar un puntiño no último suspiro.
Aínda non temos operativa a APP, pero si que podedes consultar os resultados e as clasificacións en www.futboldacosta.com.
Dumbría - Arzúa (2-0)
- DUMBRÍA: David, Tantán (José, min.46), Brian, Iago, Kevin, Aarón, Adrián Makaay (Adrián Nieto, min.55), Rivi, Diego Cespón, Jesús (David C., min.74) e Luisito (Cote, min.65).
- Goles: 1-0, min.16: Luisito; 2-0, min.27: Adrián Makaay.
- Expulsión: Brian no min.85.
Comezou con vitoria o Dumbría de José Canosa e Diego Lobelos. E o fixo tras un gran primeiro periodo, saíndo a por todas e deixando practicamente sentenciado o choque á media hora cos tantos de Luisito e Adrián Makaay.
Moitas caras novas ten este Dumbría, ou máis ben moito protagonismo para os que o ano pasado estaban á sombra dos que onte volvían vestir a camisola do XSC. Así e todo, e este Dumbría promete un bo ano.
Dubra - XSC (2-1)
- XSC: Julián, Rubén Forján (Cristian, min.75), Darío, Rubio, Aarón (Alberto, min.89), Jota, Doro (Marcos, min.58), César, Arnejo (Choco, min.76), Jesús e David Baña.
- Goles: 0-1, min.65: Jesús; 1-1, min.82; 1-2, min.96.
- Expulsión: Rubio no min.60.
Plantillón co que conta a priori, e vendo nome a nome, Rubén Coméndez. E o cadro xalleiro demostrou que pode dominar. Comezou ben, levando o peso do partido con moitas novas caras (algunha tamén vella) como Julián, Aarón, Doro, Jota e David Baña, estos tres que volvían vestir a bicolor. E tras unha primeira metade igualada Jesús abría o marcador para os xalleiros, que, ao tempo, sufrían a expulsión de Rubio. /p>
Non puido aguantar dun Dubra volcado na última media hora, e nos últimos 10 minutos daba a volta ao marcador facendo o gol da vitoria no min.96 ante as caras de estupefacción dos xalleiros.
Máis información
Novas relacionadas
- O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- Sen parada no Fútbol Costeiro con torneos estivais.
- O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).