Preferente: Collendo posicións
Terceira xornada na Preferente - Senra Sport, e os nosos xa se van situando. Xa na 4ª posición métese o Dumbría de Lobelos e Leis (Canosa tiña voda e non puido acodir), tras sacar unha apurada vitoria en casa ante un temido, o Atl. Arteixo. O que non puido sumar os 3 puntos foi o XSC ante a visita do Val, pero os de Coméndez quedan na metade da táboa con 4 puntos.
Senra Sport patrocina a Preferente
Dumbría - Arteixo (1-0)
- DUMBRÍA: Iván, Tantán (Jose, min.80), Bran, Iago, Kevin, Aarón, Adrián Mackaay (David Carreira, min.85), Cote, Adrián Nieto (Luisito, min.65), Rivi e Diego Cespón (Jesús, min.77).
- Gol: 1-0, min.5: Adrián Makaay a pase de Rivi.
Sufríu o Dumbría para acadar a segunda vitoria da temporada e seguir mantendo a imbatibilidade do Conco. O choque arrincou co gol de Adrián Makaay, que parece en forma neste comezo de campaña con este o seu segundo tanto.
O Arteixo do vimiancés Miguel comezou a combinar e manter o balón pero Iván apenas tivo que intervir na meta local. Tivo que poñerse o mono de traballo o Dumbría na segunda, ante un Arteixo que o intentaba por abaixo pero tamén por arriba. Iván apareceu de novo para salvar 3 bos puntos.
Xallas StComba - O Val (0-0)
- XSC: Julián, Rubén Forján, Darío (Cristian, min.82), Aarón, Alberto, Jota, Doro, César (Kevin, min.76), Marcos (Pablo Muíño, min.60), David Baña (Choco, min.65) e Arnejo.
Bo partido dos de Coméndez que non puideron pechalo cos 3 puntos, pero demostrou ser superior ao rival. Así e todo non chegaron a ter ggrandes ocasións nunha sosa primeira metade. O cadro local levou a iniciativa durante os 90 minutos.
Foi na segunda cando chegaron as mellores ocasións, pero os remates de Arnejo, Doro ,marcos, Rubén Forján ou Pablo Muíño non tiveron premio.
Arriscaba máis e máis o cadro xalleiro na procura dos 3 puntos, pero Doro e Arnejo non acertaron.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Últimos días para inscribirse no Curso de Adestradores Nivel 1 de Carballo.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).