Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Preferente: Dous de vacacións e un co pasaporte selado

Preferente: Dous de vacacións e un co pasaporte selado
Apela á fe do maior devoto a situación dun Soneira que ten moito que escalar e pouco de onde sacar; pola súa banda Xallas e Sofán parecer vivir máis relaxados que nun spa O Sofán caeu en Betanzos - Foto: SD Sofán Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Soneira 1-1 Lemos Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo; Jota, Aarón Fernández, Rubén Forján, Brais Mouzo; Mayor, César (Basti, min.54), Oscar Romero, Richi; Dani Casal e Vía Lemos: Santi; Borja, Mario, Jorge Rodríguez, Joao Pedro (Leo, min.46); Petrovich, Silvio, Lucas Costa (Tazos, min.76), Adrián González; Diego Arias e André Sousa Árbitro: García Carrera (Pontevedra). Expulsou a Mayor (m.70) do Soneira e Adrián González (m.90) do Lemos. Amonestou a César, Vía e Brais Mouzo do Soneira; Borja, Silvio, Adrián González, Joao Pedro e Tazos do Lemos Goles: 0-1 m.66 DIego Arias; 1-1 m.89 Basti Puntito, máis que puntazo Sacou un punto que fai intuir a traxedia un Soneira que por momentos someteu ao Lemos e incluso pudo golear. Foi o gardamallas visitante Santi a gran figura dun encontro que, pese a todo, estivo a piques de palmar o único conxunto que existiu sobre o terreo de xogo. Sacuidiríase cedo o equipo de Pazos o dominio inicial monfortino, e xeraría ata tres opcións francas sen premio. O panorama foi semellante nunha reanudación na que serían os lucenses os que se adiantarían primeiro, nunha contra finalizada en vaselina por Diego Arias. Contra o final, e cando o encontro xa morría, Basti, nun balón morto, foi quen de salvar un punto que, curiosamente, non salva nada. Xallas 2-3 Ribadeo Campo: A Fontenla Xallas: Julián; Luisito, Brais López, Rubio, Tuñas (Raúl, min. 81); Jesús, Fernando; Marcos, Doro (Alberto, min. 55), Camilo (Rieiro, min. 88); e Kevin Ribadeo: Javi; Cube (Rafa, min. 51), Brais (Jacob, min. 70), Marcos Peña, Coki; Poratti, Iván (Juan Pablo, min. 51), Yoel, Santi; Criss e Miguel Gomes (Martín, min. 70) Árbitro: Pérez Carmuega (Pontevedra). Amonestou a Tuñas, Jesús, Camilo, Rubio e Marcos do Xallas; Santi do Ribadeo Goles: 1-0, min. 17: Kevin. 2-0, min. 26: Jesús. 2-1, min. 37: Criss. 2-2, min. 79: Yoel. 2-3, min. 87: Martín, de penalti Pechado por vacacións Pouco lle duraron os argumentos ao Xallas ante un Ribadeo que volteou o marcador e que suma xa sete xornadas sen coñecer a derrota, unha dinámica totalmente oposta á dos combeses, que desde que chegaron ao seu obxectivo non volveron puntuar. Un bo inicio, con grandes tantos de Kevin e Jesús, deu paso a unha segunda metade anodina e sen apenas oportunidades de perigo. Foi chave para os visitantes a entrada do exfutbolista de Segunda División B Rafa Casanova, que incluso provocou o penalti co que os da Mariña lucense levaron o encontro. Betanzos 2-0 Sofán Campo: García Hermanos Betanzos: Ángel, Charly, Damián, Taín, Prosi, Manu Fraga (Pipo m.84), Sergio (Carballeira m.84), Christian, Pablo Blanco, Martín (Dorrego m.70) e Nico (Álvaro m.65) Sofán: David; Sito, Félix (Álex Figueiras, m.46), Rubén, Iván Rey; Fabián, Jacobo Eibe, Sera, Brais (Seo, m.46); Quintela e Raúl (David Dourado, m.59) Árbitro: Fontes Mosqueira (Santiago). Expulsou a Andrés (m.61) e a Quintela (m.73) Goles: 1-0 m.44 Sergio; 2-0 m.81 Álvaro Sen a garra… O Betanzos xogábase algo… e venceu. O Sofán só sumar e axudar ao Soneira… e perdeu. Nas últimas xornadas de calquera liga o fútbol móvese baixo esas premisas, e non foi distinto no García Hermanos, onde só a boa actuación do meta David evitou unha afrenta máis dolorosa. Sergio, ao fío do intermedio e tras un bo pase de Nico, facía o primeiro. Houbo dous goles anulados a Fabián e Dourado, e tamén unha intervención de David ante Andrés que evitou o segundo. O atacante resarciríase pouco despois.

Comentarios