Preferente: Empates ao fío do abismo



Dous empates colleitaron os nosos na xornada da Preferente. Se o do Xallas non sabe mal de todo ao tratarse dun rival da zona alta a pesar de perder 2 puntos no desconto, si que sabe a pouco o do Dumbría ante o Riveira, rival directo por evitar a permanencia. O cadro de Ferreiro mereceu algo máis pero queda agora a 5 puntos da permanencia, que marca o Xallas a día de hoxe, sen contar posibles arrastres.
Laracha - Xallas (1-1)
- Laracha: Diego, Héctor, Hugo, Bouza, Antonio, Elmer, Alexandre, Martín (Dani Brea, m.50), Rebolo (Souto, m.70), Bieito e Taibo.
- Xallas: Julián, Cristian, Oscarín, Barreiro, Vecino, Canedo, Marcos (Fuentes, m.89), Anxo (Rachón, m.74), Róber (Barbeira, m.84), Jesús e Camilo.
- Goles: 0-1, m.60: Róber a centro de Oscarín; 1-1, m.94: Alexandre.
2 puntos que se escapan no desconto
Queria demostrar o cadro bergantiñán por que está tan ben situado na táboa, e saíu mandando, controlando o balón e dominando o xogo, pero sen profundidar demasiado. O Xallas, máis directos buscando a velocidade de Camilo e Marcos, parella da que sairía a mellor ocasión do primeiro tempo que marraba o primeiro.
Seguía aguantando atrás o Xallas e mesmo chegaba con máis perigo, como unha acción á media hora a balón parado que non aproveitaba Vecino tras un rexeite a un remate de Barreiro. Unha si que entraba, pero o remate de Marcos a centro de Anxo era anulado por un dubidoso fóra de xogo.
Seguía na segunda metade mandando o cadro local, e Jesús tiña que salvar un tiro baixo paus xa con Julián batido. Corría o cuarto de hora cando un centro de Oscarín era rematado por Róber cunha fermosa volea adiantando ao cadro xalleiro. Tocaba sufrir. Julián salvou unha doble ocasión e cando parecía que a vitoria estaba case no peto, xa no m.94 co Laracha volcado, Alexandre marcaría dende a frontal aproveitando un balón reixeitado.
At. Riveira - Dumbría (1-1)
- Riveira: Ezequiel, Álvaro Calo, Alberto, Raúl (Brais, m.71), Fran, Marcos, Juancar, Madiop (GUstavo, m.76), Vidal e Pap.
- Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Raúl, Jose, Pablo, Marcos, Iago (Charli, m.83), Aarón, Damián, Diego Cespón, e Javi (Juan de Dora, m.64).
- Goles: 0-1, m.16; Damián; 1-1, m.75: Álvaro Calo.
Falta de acerto
Sumou un punto, pero só un punto, o equipo de Julián Ferreiro na súa visita a Ribeira. Era un partido clave, ante un rival directo por evitar o descenso, e polo menos non se perdeu. Pero mereceu algo máis o cadro costeiro, que pola falta de acerto ante un rival moi defensivo, quedou con pouco premio.
Comezou moi ben o Dumbría no primeiro tempo, adiantándose co tanto de Damián que tivo ademais o segundo no ecuador pero o seu disparou marchou ao lateral da rede.
Xa na segunda, o Riveira saíu apretando moito. Esperaba agora o Dumbría e sacaba perigosas contras, como a que tivo Javi no min.57, na que quedou só diante do porteiro pero este gañoulle o man a man. Chegaba o empate do Riveira, pero aínda non gastara o Dumbría os últimos cartuchos, e Juan de Dora, que marcara 5 goles cos xuvenís o sábado, tivo o gol da vitoria xa co tempo cumplido pero o seu disparou marchou lambendo o pau.
Un empate que deixa aos de Ferreiro a 5 puntos do
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).