Preferente: Esperanza ou desconfianza
12:04 28/09/15
O Xallas en Sarria-Foto-Xallas
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook
O punto colleitado polo Xallas en Sarria deixa visos de mellora e fai que o equipo de Iván Cancela olle cara arriba. Peor andan as cousas por Dumbría, que volveron de Paiosaco cunha nova e dura derrota, que mantén a alerta vermella.
Iso si, os dous equipos, con 2 puntos cada un, pechan a clasificación xa a 3 puntos da salvación.
Sarriana 1-1 Xallas
- Campo: A Ribela.
- Sarriana: Iago, José Luis, Sito, Roberto, Luisma, Isma, Diego, Marino, Fran, Héctor e Chavea.
- Xallas: Fabio, Pablo Novo, Jota, Hugo, Jesús, Anxo (Camilo m.64), Fernando (Sergio m.84), Canedo, Marcos (Juan m.72), Coria e Fuentes.
- Árbitro: Ortega Orge (Ferrol). Expulsou a Chavea da Sarriana. Expulsou a Chavea, da Sarriana.
- Goles: 0-1 m.17 Coria; 1-1 m.47 Fran
Invitacións á esperanza
O dominio durante toda a primeira metade do Xallas deixou un gol de Coria e a sensación de que por fin chegaría a vitoria dos combeses. Pero unha relaxación ao pouco de iniciar o segundo acto forzou a igualada de cabeza por parte do local Fran. Apenas tivo que realizar intervencións Fabio, mentres que os xalleiros novamente desfrutaron dun bo puñado de accións de perigo.Paiosaco 4-0 Dumbría
- Campo: A Porta Santa.
- Paiosaco: Rama (Rubén, m.84), Álvaro (Mante, m.69), Pablo, Zalo,David Suárez, Javi Fuentes, Bergan (Porti, m.44), Josiño, Bam Bam (Bruno, m.79), Diego Lois e Manjarín (David Castro, m.6).
- Dumbría: Iván, Raúl (Adrián, m.46), Oscarín, Jose, Pablo, Aarón, Diego Cespón (Brais, m.46), Iago, Jesús, Lucas (Javi, m.67) e Adrián Nieto (Jano, m.73).
- Árbitro: López Fernández (Lugo). Amonestou a Pablo e Josiño do Paiosaco, e a Raúl, Oscarín, Iago e Adrián Nieto do Dumbría.
- Goles: 1-0, m.6 Josiño Bergan; 2-0, m.83 Josiño; 3-0, m.86 Bruno; 4-0, m.89 Josiño.
Cruda realidade na Porta Santa
Pouco ou nada que rescatar da visita do Dumbría ao campo dun Paiosaco debutante na categoría (aínda que con varios futbolistas experimentados). Os de José López Canosa mantiveron o tipo ata os dez últimos minutos, cando a potencia dos dous Josiños, o ex do Bergantiños e o ex de Laracha e Montañeros, apabullaron con contras e velocidade. Apenas houbo opcións de salvar punto algún.Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as inventara eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
- X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
- X.3: Unha bagaxe agridoce.
- X.4: Sen gol.
- X.5: Alerta.
Crónicas da semana
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).