Un golazo do interior santiagués valeulle ao Soneira para vencer en Mugardos e seguir progresando adecuadamente na súa escapatoria da zona de descenso; o Xallas caeu con polémica en Noia e o Sofán tivo un trámite ante o Sada
![]()
Venceu o Sofán ao Sporting Sada - Foto: SD Sofán
![Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee]()
Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís
Mugardos 0-1 Soneira
Campo: A Pedreira
Galicia de Mugardos: Javi Prieto, Isi, Coro, Adrián Martínez, Manu (Artai, m.60), Dapo, Álvaro (Adrián Vázquez, m.60), Quique (Dani, m.66), Naya, Permuy e Tenreiro
Soneira: Anxo, Brais, Oscarín (Darío m.58), Jota, Aarón, Mayor (Óscar de Maema m.67), César (Dani Casal m.58), Rubén Forján, Pichi, Javi (Richi m.34) e Alberto Vía
Ärbitro: Fernández Blanco (Ourense). Amonestou a Isi e Artai do Galicia de Mugardos, Dani Casal, Jota e Alberto Vía do Soneira
Gol: 0-1 m.89 Rubén Forján
Nunca deixen de crer
A premisa-marca de Cholo Simeone servir como resumo do final de curso dun Soneira a gran nivel que escapa dos postos de descenso e arrastre. Os vimianceses tiñan a dobre oportunidade de vencer e meter a outro equipo en problemas, aínda que vencer na Pedreira de Mugardos nunca é sinxelo. Foi igualadísima a primeira metade, con alternativas nas dúas porterías e un moi activo Permuy por parte local. César dispuxo da mellor dos soneiráns, xa case ao final, cunha resposta felina por parte de Javi Prieto. Foi amo e dono da reanudación un determinado e valiente equipo de Víctor Pazos, que acabou por pechar no seu área ao Galicia. Pichi non estivo de flor esta vez, e cando se cantaba o gol ante Javi o pau repeleu o remate do pulmón de Urroa. Foi non último suspiro, nun balón mal despexado pola defernsa, cando Rubén Forján conectou un disparo lonxano que matou ás arañas que pululaban entre paus mugardeses.
Sofán 5-0 Sporting Sada
Campo: O Carral
Sofán: Pena; Sito (Adrián, min. 64), Rubén (Dani Becerra, min. 74), Félix (Jacobo, min. 67), Sera; Fabián, Seo; Quintela, Iván Rey, Luis (Mespollet, min. 62); e Raúl (Padín, min. 74)
Sporting Sada: Vilariño; Manu, Darío, Quique, Borges (Martín Gómez, min. 73); De la Torre, Puyuelo; Andrés, Santi, Richerly; e Lucas
Árbitro: Jiménez Jiménez (Lugo). Amonestou a Quintela e Sito do Sofán; Vilariño do Sporting Sada
Goles: 1-0, min. 42: Luis. 2-0, min. 43: Quintela. 3-0, min. 60: Raúl. 4-0, min. 69: Quintela, de penalti. 5-0, min. 79: Sera
Unha man previsible
Goleou como cabía agardar o Sofán a un Sporitng Sada colista e máis que descendido desde hai semanas. Iso si, parece un rival maldito para os conxuntos da Costa, xa que dos nove puntos que suma na táboa tres os acadara nas Mariñas ante precisamente os carballeses e un recentemente no Municipal de Vimianzo. Non houbo apenas discusión no que á dinámica da tarde se refería, e só resultou unha proba á paciencia local. Na primeira metade os sofanistas estrelaron ata tres balóns nos paus (dous de Raúl e un de Quintela), e tamén un penalti que Vilariño lle detivo a Raúl. O minuto do acerto, con bos remates de Raúl e Quintela, deixou unha vantaxe insalvable para o Sada e mandou o choque baixo a normalidade ao intermedio. Xa na reanudación, ao comezo, Puyu estrelou un balón na madeira. Un tanto anulado a Quintela e unha infinidade de ocaisóns máis fan pensar que a 'manita' resultou incluso curta.
Noia 2-0 Xallas
Campo: San Lázaro
Noia: Pajarillo, Rubén, Tachi, Dani Conde, Juanjo, John, David Suárez (Tino m.62), Emilio, Canabal (Carlos m.80), Manoliño (Nando m.62) e Iván González (Iván González)
Xallas: Julián, Cristian (Denis m.86), Luisito, Rubio, Brais, Kevin, Doro (Manu m.86), Jesús, Camilo (Thiago m.70), Canedo e Marquiños (Rachón m.40)
Árbitro: González Fernández (Vigo). Amonestou a Jesús e Canedo do Xalllas
Goles: 1-0 m.28 Iván González; 2-0 m.69 Emilio
A piques outra vez
De novo a polémica sacudiu o enfrontamento entre o Noia e o Xallas, e polo mesmo motivo que na primeira volta. Os combeses marcharon cabreados por outro gol anulado, con repercusión tamén directa no marcador. A visita ao líder, e sen demasiados obxectivos, foi un relaxado exercicio para os de Iván Cancela, que se adicaron a xogar sen presión. O talento local non deu no primeiro acto máis que para unha boa acción de Iván González a pase interior de John e un minuto despois gol co mesmo protagonista, tamén nunha xogada de calidade. Camilo e Kevin, con disparos que marcharon fóra por pouco, tiveron as do Xallas. Abriríase o encontro na reanudación, na que Kevin atopou a resposta de Pajarillo e Jesús lamentou que lle anularan un gol por suposto fóra de xogo de Kevin. Só cinco minutos despois Emilio faría o segundo tras unha parede con Iván González.