Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: importante vitoria do Sofán, e derrota do Xallas ante o Arzúa

Preferente Norte: importante vitoria do Sofán, e derrota do Xallas ante o Arzúa
S.D. SOFÁN 2 - SAN TIRSO S.D. 1 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Sera 74´), Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Canedo (Jonathan 70´), Jacobo Eibe, Alexandre (Matías 80´), Fabián, Camilo e Raúl (Quintela 61´) GOLES: 1-0 71´Camilo atopa un balón na area, recorta e coa zurda transforma polo pao corto 1-1 84´Córner que saca Javi Calvo e César anticipándose a toda a defensa anota 2-1 88´Saque de banda, rexeita a defensa, o balón cáelle a Jonathan e de volea anota o gol decisivo Triunfo da Sd ante un rival directo, o San Tirso, que foi un duro oso e que só sucumbiu nos últimos intres cun gran gol de Jonathan. De inicio o San Tirso entrou mellor no partido, cunha SD imprecisa que non atopaba o seu fútbol. Á saída dun córner Miguel Días tivo unha clara ocasión nun remate que sacou Raúl baixo paos. A partir do minuto 20 a Sd recompúxose e sobre todo pola banda de Camilo empezou a atopar ocos onde facer dano. Unha internada de Fabián que rematou Raúl e rexeitou un defensa, e un disparo cruzado de Camilo que sacou Diego foron as máis claras ocasións de gol para os locais. No segundo tempo a Sd seguiu controlando o encontro. Nun centro desviado polo central César, Diego tivo que facer un paradón, e o rexeite mandouno Raúl fora cando estaba só ante a portería. Respostou o San Tirso nunha colada de Dani Xelo, que dou o pase da morte pero non atopou compañeiro, o balón chegou a Fran que lanzou un gran disparo que bateu no longueiro. E no 71, Camilo, moi activo toda a tarde, atopou un balón solto e anotou o primeiro tanto. A Sd incomprensiblemente meteuse atrás, e o San Tirso, a base de fútbol directo, arrinconou ós de Cancela. Empatou César pero aínda tivo arrestos a Sd para por medio de Jonathan atopar o camiño da vitoria. XALLAS F.C. 1 - C.S.D. ARZÚA 3 XALLAS FC: Julián Couto, Rubén, Jacobo Lois, Santi, Madiop, Oliver, Iago Garrido (Eloy 71´), Marcos, Santi, Doro e Iván González GOLES: 0-1 26´Rúa   0-2 32´Brais Pedreira   1-2 70´Miguel en propia porta   1-3 76´Damián Un Xallas con moitas baixas caeu ante un Arzúa moi efectivo nas chegadas que tivo. O Xallas estivo ben no primeiro tempo, e Iván González tivo a primeira ocasión ós 10 minutos pero remato alto un centro de Marcos. Na primeira chegada visitante o central Rúa aproveitou unha segunda xogada despois dun córner para abrir o marcador. Puido igualar Marcos pero o seu remate no segundo pao despois dun centro de Doro non se convertiu en gol, e sí que o fixo un remate de Brais Pedreira nun centro pasado. Con pouco o Arzúa íase en vantaxe de dous goles ó descanso. O Xallas buscou a remontada no segundo tempo. Acortaron distancias cunha boa xogada de Rubén que Miguel introduciu na súa propia porta. Parecía que o arreón do Xallas podía dar os seus froitos pero Damián, o mediapunta de calidade do Arzúa, anotou o terceiro de falta directa e case que finiquitou o partido.

Comentarios