Sábado. 14.12.2019
El tiempo

Preferente Norte: só un punto xalleiro é pouco botín

Preferente Norte: só un punto xalleiro é pouco botín
ORDENES SD 2 - XALLAS C.F. 2 XALLAS CF: Coke, Cristian, Santi (Eloy 23´) (Alex Blanco 66´), Marcos, Baba (Carlos Rieiro 51´), Dani Becerra, Iago Garrido, Doro, Julián, Iván e Abel GOLES: 0-1 7´Doro   1-1 44´Alvaro   2-1 54´Víctor Hervés   2-2 79´Alex Blanco O Xallas trouxo un sufrido punto de Ordes. Adiantouse por medio de Doro tras unha boa xogada de Cristian, pero o que preveía un partido fácil estaba enganado. O encontro foise envelenando, igualou o Ordes antes do descanso nunha falta lateral e adiantouse no 54, despois de que Abel fallase unha clara ocasión na outra portería. Remou o Xallas, foi expulsado o meta local Borja e acto seguido empatou Alex Blanco para facer xustiza no marcador. SD NEGREIRA 1 - SD SOFÁN 0 SD SOFÁN : Javi Rumbo, Sera (Luis 46´), Pablo, Félix, Antonio, Eibe (Quintela 46´), Jonathan, Camilo (Matías 65´), Alexandre, Fabián e Iván Rey (Rubén 74´) GOL: 1-0 34´Jose Caamaño, de espléndido disparo dende 20 metros Non trouxo puntos a Sd do Municipal Jesús García Calvo nun encontro moi igualado decidido por un golazo do xuvenil Jose Caamaño, nun gran disparo lonxano. No primeiro tempo levou o peso do encontro o Negreira, cunha Sd que buscaba as contras. Na primeira xogada un centro envenenado de Iván Rey bate no largueiro. Via Rápida, moi activo, tivo unha boa ocasión nun man a man que detivo Rumbo. Jose Caamaño probou cun disparo lonxano que case entra, e ó segundo intento marcou o gol que decidiu o encontro. Unha boa contra non a dou rematado Alexandre antes do descanso. No segundo tempo cos cambios dominou a Sd, sobre todo coa reaparición de Luis, a nota positiva do encontro, e o zurdo fixo duas ou tres xogadas boas que non atoparon rematador. Quintela disparou dende o borde da area na mellor ocasión visitante. O acoso da Sd só se traduciu en centros laterais que non atoparon rematador. Ó final o máis xusto tería sido un empate, pero a SD ven de vacío.

Comentarios