Martes. 17.09.2024
El tiempo

Preferente: Nunca os den por mortos

Preferente: Nunca os den por mortos
Dixo Guardiola antes da remontada do Barcelona ao PSG: "Nunca os den por mortos, esta xente ao final sempre lles quita a razón"; algo así parece suceder cun Soneira que amaga con descolgarse e logo se solta con actuación como a última ante o Chantada Naufragou o Sofán en Viveiro - Foto: SD Sofán Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Viveiro 4-0 Sofán Campo: Cantarrana Viveiro: Kiko; Hugo, Dani Fernández, Rego, Jorge García; Jorge Nano (Popo, min. 75), Alberto; Aurelio (Nes, min. 68), Erni, Diego Chis; y Xenxo Sofán: David Pena; Sito, Rubén, Sera, Mespollet (Quintela, min. 46); Iván Rojo, Álex Figueiras (Felipe, min. 68), Iván Rey, Adrián (Dani min. 58); Luis (Dani Becerra, min. 68) e Raúl Árbitro: Castro Castro (Santiago). Amonestou a Nes do Viveiro; Quintela, Rubén e Álex Figueiras do Sofán Goles: 1-0, min. 33: Xenxo. 2-0, min. 36: Rego. 3-0, min. 60: Erni. 4-0, min. 88: Erni Sen noticias do Sofán Non foi o día do Sofán na Mariña lucense, onde caeu goleado a mans dun Viveiro moi superior, e que tampouco necesitou nada especial para arrollar. Un disparo desde fóra do área de Xenxo e un remate de Rego tras un saque de curruncho foron a expresión en forma de goles dun dominio que podería ter sido máis claro no marcador de non ser pola figura de David Pena. Apenas pasou do medio do campo o conxunto carballés. E tampouco variou demasiado o tema nunha segunda metade en forma monologal e na que a maioría das ocasións foron de novo celestes. Quintela e Rojo disfrutaron das mellores opcións para firmar o tanto da honra vermella. Xallas 0-0 Betanzos Campo: A Fontenla Xallas: Julián; Cristian, Rubio, Martín Barreiro, Luisito; Canedo, Jesús (Fernando, min. 71); Kevin, Doro, Marcos (Tuñas, min. 77) e Róber Pladur (Camilo, min. 65) Betanzos: Josué; Luis, Pipo (Pablo Rivas, min. 86), Charly, Jacobo Lazcano; Mon (Dorrego, min. 88), Manu Fraga, Christian, Martín (Damián, min. 75); Sergio (Álvaro, min. 75) e Pablo Árbitro: Miguéns Santiago (Santiago). Amonestou a Camilo, Martín Barreiro, Cristian e Canedo do Xallas; Martín e Christian do Betanzos A sorte dixo non Baixo o ritmo sumatorio dun Xallas que esta vez non pudo pasar do empate ante un moi mellorado Betanzos, en plena loita por deixar atrás os postos de arrastre. Os combeses, que aínda teñen moitas opcións de chegar á promoción de ascenso, lamentaron esta vez a falta de puntería. Houbo moito centrocampismo nunha primeira metade na que as ocasións apenas chegaron. Moi organizado, o conxunto brigantino tapou calquera atisbo de profundidade ou de sorpresa local. O novo céspede da Fontenla non resultou talismán. De feito, pareceron sentirse estranos os futbolistas que habitualmente non perdoan. Xa na reanudación, Kevin topou co pau no seu remate, ao igual que Marcos minutos despois. Tamén foi colosal a inttervención do meta Josué a pes do propio Kevin. Soneira 1-0 Chantada Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Rubén Forján, Darío (Iagom.63), Brais Mouzo, Aarón, Jota, Mayor, Richi (Javi m.46), Vía, Dani Casal e Pichi (Basti m.88) Chantada: Guiti, Álex Ratón (Joserra m.84), Cristian (Pulpix m.17), Álex Delgado, Alberto, Cebolli, Noé, Michi (Brais m.69), César, Kadete e Javi Ramos (Traste m.84) Árbitro: Fariña Blasi (Pontevedra). Amonestou a Aarón e Dani Casal do Soneira; Álex Ratón e Brais do Chantada Gol: 1-0 m.77 Javi O tolo do pelo vermello pintou un cadro perfecto O Van Gogh do Soneira, ese home de pelo vermello, algo 'bohemio' e xenial tanto dentro como fóra do terreo de xogo mantivo a flote a un Soneira vencedor na final pola permanencia ante o Chantada. Un tanto de Javi a trece minutos do final fixo xustiza ao notable encontro dos vimianceses, superiores en tódalas fases e aspectos do xogo. A saída de fe foi unha mensaxe de confianza dos soneiráns á súa afección. Pichi non pudo prolongar a súa xeira e errou en boca de gol ante Guiti, e Aarón lamentaba que a madeira rexeitara un disparo seu. Tampouco Vía, algo pelexado co gol últimamente, foi quen de resolver. O ceense Anxo era un espectador de luxo desde a súa remota ubicación do Municipal, aínda que estuvo sobrio nos poucos achegamentos lucenses. Non variou demasiado o choque na segunda metade, máis aló dun penalti escatimado que aínda por riba lle custaría o cartón amarelo a Dani Casal. O carballés resarciuse asistindo a Javi para que o 'laranxa mecánico' resolvese á perfección. Non sufriron demasiado os de Víctor Pazos para manter a vantaxe.

Comentarios