Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: O Bayern de Vimianzo

Preferente: O Bayern de Vimianzo
Dous goles en fóra de xogo acabaron co que estaba a ser unha meritoria resistencia en forma de punto para o Soneira ante o Laracha; no derbi da xornada, sen trascendencia clasificatoria, o Sofán superou ao Xallas A familia do Xallas quixo mandarlle ánimos ao seu presidente e esposa, en Valencia por motivos persoais Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Xallas 0-3 Sofán Campo: A Fontenla Xallas: Julián; Cristian (Denis, min. 80), Rubio, Brais López, Tuñas (Marcos, min. 64); Jesús; Fernando, Canedo (Fran Calvo, min. 80), Doro (Manu, min. 85), Camilo; e Kevin Sofán: David Pena; Rubén, Sito, Félix, Sera; Iván Rey (Franchu, min. 80), Luis (Jacobo, min. 85); Fabián (Adrián, min. 85), Iván Rojo (Álex Figueiras, min. 75), Seo; y Quintela (Raúl, min. 85) Árbitro: Varela Varela (Vigo). Amonestou a Fernando, Tuñas, Brais López, Marcos, Fabián e Sito Goles: 0-1, min. 25: Quintela. 0-2, min. 63: Rubén. 0-3, min. 72: Quintela Derbi para o máis en forma Coa salvación acadada en ambos casos e pouco máis en xogo que darlle espectáculo a dúas parroquiais fieis, Xallas e Sofán xogaron na Fontenla un entretido derbi. Foron os carballeses, máis en forma últimamente, os que levaron tres puntos moi traballados. Prantexou o adestrador visitante Josito unha rede de contención e saída rápida á contra, e o plan funcionou á perfección nunha primeira metade na que Rojo e Quintela en dúas ocasións perdoaron de inicio. Á terceira, o punta non errou e converteu un bo remate a portería. Estirou líneas o Xallas antes do intermedio, e Kevin e Rubio puxeron a proba a David Pena, titular indiscutible na recta final de curso. Houbo intercambio de opcións na reanudación, pero sería Rubén, nunha falta lateral, o que acertaría a facer o segundo e case sentenciar. Quintela pechou a conta para os seus, pero con case vinte minutos por diante non parou a producción de perigo nun e outro lado. Soneira 1-3 Laracha Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Darío, Jota, Aarón Fernández, Mayor (Óscar de Maema m.68), César, Javi (Richi m.9), Rubén Forján, Dani Casal (Basti m.68), Alberto Vía e Pichi Laracha: Álex López, Beto, Antonio, Pablo Domínguez, Héctor, Alexandre, Iván Patiño (Jorge Rebollo m.90), Migui, Roberto, Jose (Dani Bea m.73) e Miguel Taibo Árbitro: Valín González (Lugo). Expulsou a Rubén Forján, do Soneira (m.68). Goles: 0-1 m.2 Alexandre; 1-1 m.30 Mayor; 1-2 m.88 Héctor; 1-3 m.90 Migui Quintáronllo dos fuciños "A festa… a festa a levaron dos fuciños". Así representaba Arsenio Iglesias o sentir do deportivismo tras perder a Liga co famoso penalti de Djukic. E dalgunha forma así debería sentirse un Soneira que tiña no peto un punto no derbi co Laracha, e que lamentou como o colexiado Valín González validaba dous tantos en fóra de xogo por parte visitante. Como se do Real Madrid ante o Bayern se tratase, a en ocasións delgada línea entre o éxito e o fracaso marcouna esta vez a da posición adiantada. Marcouna, pero o trencilla non fixo nin caso. Antes, a película da tarde escríbese en forma case sempre adversa para os costeiros, que atoparon o madrugador gol en contra de Alexandre e foron quen de sobrepoñerse con determinación. Mayor, nun bo remate, equilibrou, e antes Pichi xa fixera lucirse a Álex López. Condicionou a reanudación a expulsión de Rubén Forján, o que fixo que os vimianceses acabaran por recuar ante un rival tamén con necesidades. E ben cubertas que lle quedaron despois pola labor arbitral, especialmente no 1-2.

Comentarios