Preferente: O home de Vitruvio... ou de Castriz
13:14 21/11/16
Unha vez máis unha acción de Doro, esta vez mesiánica e 'messiánica', deulle o triunfo a un Xallas ao que lle van os partidos grandes; menos fortuna tería o Soneira en Laracha, onde deixouse ir na primeira media hora
Houbo intensidade en todo momento no Sofán-Xallas - Foto: SD Sofán
Sofán 0-1 Xallas
O Sofán caeu na casa - Foto: SD Sofán
Cada vez mellor rinde o Xallas - Foto: SD Sofán
Campo: O Carral
Sofán: Fedeyo, Iván Rey (Javi Souto m.48), David Mespollet, Félix, Sito, Fabián (Fran m.69), Álex Figueiras, Brais (Seo m.46), Raúl (Iván Rojo m.59), Luis e Quintela
Xallas: Julián, Marquiños, Rubio, Martín Barreiro, Brais, Canedo, Nando, Doro, Luis (Kevin m.76), Anxo (Camilo m.64) e Róber Pladur (Cristian m.86)
Árbitro: García Morlán (A Coruña). Amonestou a Félix do Sofán e Róber Pladur do Xallas
Gol: 0-1 m.78 Doro
Non te retires nunca!!!!
Con 39 anos e máis de dúas décadas de fútbol ás costas, Doro segue a poñer aos rivais en cuarentena. Non había protagonista máis previsible para o derbi entre Sofán e Xallas, o primeiro en Preferente, que non defraudou a ninguén. Nin sequera o mal tempo desluciu un espectáculo que tivo como outros grandes invitados a dous amigos íntimos, convertidos en defensores da virxinidade de cada portería. Fedeyo e Julián, como Zipi e Zape prácticamente, salvaron aos seus en repetidas ocasións. Canedo estrelou un balón no pau e Anxo non pudo co porteiro local. O lucimento de Julián chegaría nun remate de Raúl, mentres que Quintela amagou tamén co gol. A igualdade desaparecería notablemente nun segundo acto máis ben de cor verde, aínda que a paridade mantívose mentres Fedeyo seguía a sacar mans com un pulpo. Luis, Nando e Rubio entraron case nun estado de desesperación coa actuación do ex do Baio e Bergantiños. Pero aparecería o home atemporal, esa sorte de 'Home de Vitruvio' convertido en capitán. Doro marchou de canto rival saiu ao paso e resolveu coa súa clase e fiabilidade habituais.
Laracha 2-1 Soneira
Campo: Municipal
Laracha: Álex López, Pena, Antonio, Rebollo, Pablo Domínguez, Rebolo, Elmer, Souto (Asier m.26), Patiño (Mario m.70), Alexandre e Miguel Taibo
Soneira: Anxo, Brais Mouzo, Oscarín, Jota, Aarón, Óscar de Maema, Sandelo, Javi, Rubén Forján (Basti m.46), Alberto Vía e Pichi (Darío m.64)
Árbitro: Martínez Míguel (Santiago). Amonestou a Souto, Alexandre, Asier e Pena do Laracha; Aarón do Soneira
Goles: 1-0 m.14 Patiño; 2-0 m.29 Miguel Taibo; 2-1 m.68 Aarón, de penalti
Outra vez co 'ui' a voltas
A piques estivo o Soneira de traer algo positivo da visita a Laracha, pero unha vez máis a narrativa fala dun meritorio encontro, con capacidade de recuperación e opcións para ter polo menos 'pescado' algo. E iso que o comezo foi máis ben unha invitación ao pesimismo, con Alexandre avisando e Patiño facendo o primeiro moi cedo. Xusto é tamén dicir que o centro do tanto tiña pinta de ter saído pola línea de fondo. O ex do San Lorenzo foi o máis dinámico e pillo durante o primeiro acto, tanto para o papel de asistente como pra o de rematador. Aínda que para home de área o '9' dos bergantiñáns, un Miguel Taibo que á media hora facía o segundo. Quedaba unha hora para que os de Manolito fixeran acto de presencia, e pouco a pouco foi chegando o Soneira ao Municipal. Fundamental resultou o penalti sobre Oscarín que transformaría Aarón mediada a reanudación, e que deu paso a unha ofensiva total sobre o marco de Álex López. E cando nin o porteiro do Laracha era quen de paralo todo, xogadores como Rebollo sacaban a bola baixo paus. Foi nun tiro de Basti que xa levaba etiqueta de empate. E outra vez a historia foi cruel co Soneira.