Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas releva ao Dumbría na UCI

Preferente: O Xallas releva ao Dumbría na UCI
Jesus nunha xornada anterior do Xallas-Foto-Fuentes Jesús nunha xornada anterior, non puido evitar a derrota do Xallas-Foto-Fuentes Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Segunda vitoria consecutiva do Dumbría e segunda derrota do Xallas, o que provoca un intercambio de postos que deixa ao Dumbría fóra e ao Xallas sumerxido no descenso.

Xallas - Sada (0-2)

  • Xallas: Julián, Hugo (Fuentes, m.78), Oscarín, Pablo Novo (Camilo, m.58), Jota, Fernando (Canedo, m.73), Doro, Jesús, Kevin, Coria (Anxo, m.73) e Marcos.
  • Goles: 0-1, m.1: de penalti; 0-2, m.49.

Dous erros, unha derrota

Sufriu o Xallas a segunda vitoria consecutiva nun choque marcado polo inocente penalti de Julián nada máis comezar que permitía que o Sada xogase como quería. Púxose por diante e se colocou ben atrás, sen fisuras, deixando o dominio aos locais, e sabendo que chegarían erros xalleiros para aproveitar. De feito, Juanma puido ampliar a renda antes do descanso mentres o Xallas non era quen de meterlle man á defensa sadense.

Mesmo guión na segunda. Un novo erro defensivo xalleiro permitiu que o Sada marcase o segundo moi cedo. Desde ese momento o Xallas foi incapaz de xerar ocasións ante un rival moi seguro atrás que se sentía cómodo buscado algunha contra.

 

Viveiro - Dumbría (1-2)

Brais no Dumbría-O Val - Foto-Jorge Parri Brais volveu a Dumbría con forza -Foto do 2012 de Jorge Parri
  • Dumbría: David, Alcaina, Raúl, Jose, Pablo Conde, Aarón, Brais (Denis, m.85), Jano, Jesús (Martín, m.82), Iago (Iago García, m.91) e Adrián Nieto (Javi, m.79).
  • Goles: 0-1, m.17: Jesús; 0-2, m.52: Brais; 1-2, m.88.
Bo partido en xeral

Por fin un bo partido do Dumbría permitiu sumar os tres puntos fóra da casa. Moi boa primeira metade dos de Canosa, que se adiantaban co gol de Jesús e controlaban o partido ao seu gusto.

No segundo o tempraneiro gol de Brais, unha das revelacións nesta recuperación do equipo, permitiulles xogar con máis tranquilidade. Aínda que O Viveiro apretou continuamente non puido recurtar ata o final do partido.

Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios