luns. 02.12.2024
El tiempo

Preferente: Os equipos xalleiros poden cos da Mariña

Preferente: Os equipos xalleiros poden cos da Mariña

Xornada 13 na que os equipos da Costa se enfrontabana a varios da Mariña Lucense. O Santa Comba, tras sufrir moito ante o Foz mantense entre os 4 primeiros da Preferente, aínda a 6 e 9 puntos de Narón e Compostela. Boas novas tamén para o outro cadro xalleiro, que vencía en Xove nun partido de alternancias.

Tamén contra un equipo da Mariña se enfrontaba o Dumbría, pero vía como se lle escapaban 2 puntos no último minuto. O que non podía sumar foi o Soneira, que segue na corda frouxa ao volver deixar escapar puntos do Municipal vimiancés.

Soneira - Dubra (1-2)

  • Soneira: José Angel, Ferreiro (Mario Toja), Fran de Urroa (Manuel, min.82), Pablo, Modesto (Roi, min.91), Santi, Jorge Vigo (Mayor, min.60), Míchel, Quique, Iago e Vía.
  • Goles: 0-1, min.26; 1-1, min.58: Vía; 1-2, min.71.
  • Expulsión: O local Kike (min.85) por dobre cartón amarelo.

Segue o Soneira na corda frouxa e onte deixou escapar tres puntos ante un rival que non veu a Vimianzo a facer un xogo bonito senón a aproveitar as súas ocasións e defenderse. O equipo de Miguel concedeu facilidades en defensa na primeira metade e acabou perdendo ao descanso por un penalti e sufriu algunha ocasión máis de perigo.

Tralo descanso, comezaron a combinar un pouco máis os soneiráns e encontráronse co premio ao empalar unha boa volea Vía dende o punto de penalti e fusilar ao meta visitante. Pouco despois, na única aproximación dos de Bembibre na segunda matade, chegou o gol da vitoria. A desesperación foi cargando de tarxetas aos locais e finalmente Quique foi expulsado e Míchel viu o quinto cartón amarelo, polo que co mermedo que anda de efectivos o equipo a derrota aínda doe máis.

Ribadeo - Dumbría (1-1)

  • Dumbría: Juan, Tantán (Iván, min.76), Aarón López, Suso, Ismael, Aarón Fdez., Iago, Piri (Alberto, min.60), Eloy (Toni min.71), Luisito (Poyo, min.80), Adrián Mackaay.
  • Goles: 0-1, min.49: Adrián Mackaay; 1-1, min.88.

Con cara de tonto quedou o cadro dumbriés tras ir gañando toda a segunda metade e ver como nos últimos instantes se lle escaparon 2 puntos. Os de Canosa comezaban o encontro con respecto malia que o Ribadeo está na zona baixa. A primeira metade foi máis igualada e os visitantes tiveron ocasións de romper a igualada por medio de Arián Mackaay e Iago, que cunha ermosa chilena fixo estirarse ao porteiro local.

Na segunda marcou pronto o Dumbría e logo puido sentenciar en varias ocasións, pero acabou pagando a falta de acerto. Iago e Alberto, que soubo ceder o balón aos compañeiros nunha contra clara, tiveron as mellores ocasións para sentenciar antes de que o Ribadeo marcase o empate.

Santa Comba - Foz (2-1)

  • Santa Comba: Diego, Chinda, Colón (José Ángel, min.61), Angelo, Amoedo, Jota, Noli (Gálvez, min.75), Doro, Toni, Julián, David Blanco (Óscar, min.53).
  • Goles: 1-0, min.71: Noli; 1-1, min.77; 2-1, min.81: Julián.
  • Expulsión: Óscar no min.75, un dos xogadores máis baixiños da Costa e viu dúas tarxetas en dous saltos de cabeza.

Partido con posesión xalleiro pero no que tocou sufrir. A primeira metade estivo marcada por un total control local, pero sen profundidade nin acerto. O partido foise igualando co paso dos minutos, e xa no segundo tempo era un toma e daca no medio campo, pero as ocasións non chegaban.

Noli puña por diante aos laranxas, pero de contado o Foz empataba. Sen descanso foi Julián quen puxo o 2-1 definitivo, se non fose porque o colexiado non viu un penalti basntante claro na área local. Cómpre destacar o debut de Gálvez cos xalleiros.

Xove Lago - Xallas (2-3)

  • Xallas: Cheli, Rubio, Iván, Becerra, Martín, Ricardo (Ismael, min.79), Alexandre (Aitor, min.75), Brais (Álvaro Cancela, min.68), Adrián Beiroa, Luís, Iván Amor (Rubén, min.63).
  • Goles: 1-0, min.53; 1-1, min.55: Alexandre nunha contra levada por Beiroa; 1-2, min.58: Adrián Beiroa; 2-2, min.59; 2-3, min.76: Rubio.

Vitoria importante do Xallas que chega ata a 9ª praza. Tras unha primeira metade frouxa e con basntante respecto, na que só Iván Amor puido desfacer o empate nun balón a "bocaxarro", e o Xove tivo un par de ocasións, chegou un segundo tempo de tolos.

En 6 minutos chegaban ata 4 goles, poñéndose por diante primeiro o Xove, logo o Xallas, devolvendo o Xove a igualada. Pero foron máis eficaces os de Iván Cancela, e Rubio, faltando 15 para o final asinaba o tanto da vitoria.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios