Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Preferente: Pechando a táboa

Preferente: Pechando a táboa
Xallas e Paiosaco saltan ao campo de Fontenla Xallas e Paiosaco saltan ao campo de Fontenla Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Non se viu en Fontenla a diferencia que hai na táboa entre o Xallas (pechacancelas) e o Paiosaco (2º e único equipo que non coñece a derrota da categoría). Pero un gol de Robi, vello coñecido da Costa, de falta directa decidía o choque para os da Laracha.

Tampouco puido sumar o Dumbría, que queda con 10 puntos a un só do descenso e a 3 do propio Xallas. A fortaleza do Chantada foi demasiado para os dumbrieses.

Xallas 1-2 Paiosaco

  • Campo: A Fontenla.
  • Xallas: Julián, Hugo, Rachón, Jota, Barreiro, Fernando (Ángel m.86), Doro, Jesús, Kevin, Marcos e Camilo (Fabio m.18).
  • Paiosaco: Rama, Mante, Pablo, Zalo, David, Javi Fuentes, Josiño, Bruno (Robi m.46), Jose (Bam Bam m.28), Diego Lois e Manjarín (David Castro m.70).
  • Goles: 0-1 m.15 Fuentes, de penalti; 1-1 m.25 Kevin; 1-2 m.77 Robi.
  • Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña). Expulsou a Julián, do Xallas (m.18). Amonestou a Jota, Martín, Jesús do Xallas; Fuentes e David Castro do Paiosaco.

Invicto… por pouco

Non perdera encontro o Paiosaco en toda a liga, e en Santa Comba estivo a piques de que o desvirgasen. E iso que o Xallas tivo que desputar prácticamente toda a contenda con dez xogadores, a raíz da xogada que deu orixe ao primeiro tanto. Un mal pase de Hugo a Julián acabou nun penalti e expulsión do gardamallas por protestar. Parecía que todo pintaba en bastos para os locais, que igualarían no ecuador do primeiro acto grazas a un moi bo remate de Kevin.

Apareceu entón o mellor Xallas, que tería ata catro oportunidades de perigo ata o intermedio. Durou o combate mentres lle aguantaron as pilas aos locais. E morreu co gol de Robi, de libre directo, que deixou sen premio a valentía do novo colista de Preferente.

 

Chantada 2-0 Dumbría

  • Campo: Sangoñedo.
  • Chantada: Javi, Castro, Cebo (Pablo m.80), Román, Iago (Adrián Méndez m.80), Manu, Samuel, Anxo, Noé, Kadete e Denís.
  • Dumbría: Bouzón, Alcaina, Raúl (David Carreira m.59), Jose, Pablo Conde, Aarón, Iago, Brais, Jano (Iago, Iago, Diego Cespón (Denis m.65) e Martín (Javier m.59).
  • Goles: 1-0 m.33 Kadete; 2-0 m.75 Samuel.
  • Árbitro: Quintás Lorenzo (Ourense). Amonestou a Pablo do Chantada; Adrián Alcaina, Aarón e David Carreira do Dumbría.

O fútbol directo condena ao Dumbría

Un Chantada aguerrido e baseado no fútbol directo superou ao Dumbría. Un cabezazo na recta final de cada parte decidiron. Só Javi, xa co 2-0, tivo unha opción ofensiva para os de Canosa. Os chantadinos levaban catro xornadas sen gañar, e os costeiros tres sen perder.

 

Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios