Preferente: Pechando a táboa



Seguen Dumbría e Xallas pechando a táboa da Preferente Norte, con 2 e 3 puntos respectivamente trala disputa das 7 primeiras xornadas. Mereceu máis o Dumbría na Pobra, alomenos un empate, mentres o Xallas acabou empatando o partido ante un dos candidatos ao ascenso ao que tratou de ti a ti.
Puebla - Dumbría (1-0)
- Puebla: Alissane, Choco, Curu, Richi, Moure, Mato, Piñeiro, Treus, Sera, Joshi e Denis. Tamén; Kilo, Picos e Manu.
- Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina (Jano, m.60), Raúl, Jose, Pablo Conde, Aarón, Diego Cespón (Iago García, m.74), Yago, Lucas (David Carreira, m.74) , Adrián Nieto (Charli, m.60) e Martín.
- Gol: 1-0, m.69: Moure.
Un erro que costa 1 punto
Un único erro defensivo propiciou a vitoria para o Puebla na visita de urxencia do Dumbría, que segue pechando a táboa clasificatoria. Se ben o partido non foi bo, o resultado máis xusto tería sido un empate sen goles. O cadro de Canosa non tivo demasiadas ocasións pero os locais apenas tiveron unha máis que o gol, un penalti que se inventou o colexiado, segundo os dumbrieses, pero que parou aos 20 minutos da primeira metade un gran Iván Bouzón.
Xallas - Dubra (2-2)
- Xallas: Julián, Fuentes (Rachón, m.56), Hugo, Jota, Canedo (Pablo Novo, m.46), Fernando, Doro, Jesús, Kevin (Anxo, m.72), Coria e Marcos (Camilo, m.56).
- Dubra: Diego, Roberto, Diego Gesto, Cholo, Juan Caneda, Leites, Ferreiro, Peque, Eloy, Adrián Vázquez e Gonzalo. Tamén: Moto, Ángel, Pablo e Martín.
- Goles: 0-1, m.29: Caneda nun córner; 0-2, m.52: Ferreiro; 1-2, m.55: Coria tras gran xogada de Kevin; 2-2, m.86: Coria remata de cabeza unha falta botada por Jota.
Chegaba a Fontenla o máximo favorito ao ascenso de categoría, o Dubra. Pero desde o principio viase que o Xallas non lle ía dar facilidades, e buscou a vitoria dende o comezo, mantendo o control do balón e xogando con intensidade.
A primeira chegada local acontencía no min.18 cando Diego tira un balón pegado ao pau tras unha boa parede entre Canedo e Coria. Por bando amarelo, as xogadas a balón parado creaban moito perigo, e de feito, á media hora adiantábase o Dubra nun córner.
Recuperábase o equipo de Iván Cancela e no 43 Coria remata de cabeza alto un gran centro de Kevin, na mellor ocasión xalleira da primeira metade.
Na segunda parte o dominio por parte local era máis claro, pero no 52 o Dubra cun saque de falta rápido de Peque, cara Diego Gesto que centra e remata Ferreiro de cabeza e marca o segundo.
O xallas non baixou os brazos e apenas 3 minutos despois, unha gran xogada de Kevin remataría Coria a gol. Seguíu percutindo o cadro verde e no 86 o fútbol fixo xustiza co bo partido que estaba facendo o Xallas e nunha falta lonxana botada por Jota, Coria con un gran remate de cabeza facía o empate.
Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
- X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
- X.3: Unha bagaxe agridoce.
- X.4: Sen gol.
- X.5: Alerta.
- X.6: Esperanza ou desconfianza.
Crónicas da semana
Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as inventara eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).