Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Preferente: Que vivan os once metros

Preferente: Que vivan os once metros
Dous penaltis anotados por Doro déronlle un punto ao Xallas en Arteixo, mentres que na mesma especialidade salvou o triunfo o Sofán na casa ante o Arzúa, nunha gran intervención do seu porteiro; o Soneira non tivo o seu día en Ribadeo Luís, extremo do Sofán - Foto: SD Sofán Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Ribadeo 2-0 Soneira Campo: Pepe Barrera Ribadeo: Iván Parapar; Coki, Yoel, Santi, Juanma; Martín de Fisterra, Poratti (Fran, min.89), Jacob, Miguel Gomes (Juan Pablo, min.75); Luki (Javi, min.87) e Criss (Marcos Castañal, min.89) Soneira: Anxo; Darío, Aarón Fernández, Rubén Forján, Pichi, Brais; Jota, Oscar Romero (Javi, min.46), César (Richi, min.67), Dani Casal; e Alberto Vía Árbitro: Miño Pico (Ferrol). Amonestou a Santi e Coki do Ribadeo; César e Darío do Soneira Goles: 1-0 m.26 Miguel Gomes; 2-0 m.90 Criss Non era o día A longa viaxe a Ribadeo pareceu xogar en contra dun Soneira que nunca se sentiu cómodo no Pepe Barrera. Os vimianceses non foron sentenciados ata os intres finais, pero non deron demasiada sensación de poder traer algo positivo. O ecuador da primeira metade comezou desnivelar a balanza, cando un centro de Coki por banda dereita foi cabeceado por Miguel Gomes ao fondo da rede. Decreceu notablemente o encontro na reanudación. Os da Mariña lucense replegaron e buscaron as saídas rápidas, ata que a falta dun minuto un pase en profundidade foi aproveitado por Criss para superar a Anxo. Non houbo opcións demasiado claras para meterlle un susto aos locais, máis alá do dominio de posesión por momentos e merodear o área. Atlético Arteixo 2-2 Xallas O Xallas igualou en Ponte dos Brozos Campo: Ponte dos Brozos Atlético Arteixo: José; Aless, Pablo Vigo, Mauro, Gabriel; Chechu, Rubén Porto (Novelle, min.71), Pesco, Nano (Pupo, min.86); Denis (Chote, min.81) eOtero (Vituco, min.77) Xallas: Julián; Cristian, Luisito (Koke, min.58), Rubio, Brais López; Canedo, Fernando; Jesús (Róber Pladur, min.83), Camilo (Thiago, min.88), Doro; e Marcos (Kevin, min.75). Árbitro: Gundín Barreiro (Ferrol). Expulsou a Mauro, do Atlético Arteixo (m.74). Amonestou a Gabriel, Chechu, Jose, Otero, Cristian e Brais López Goles: 1-0, min. 14: Pesco. 1-1, min. 67: Doro, de penalti. 2-1, min. 68: Gabriel. 2-2, min. 77: Doro, de penalti De pena e máxima nada Tercera igualada consecutiva para un Xallas que empeza a quedar en terra de ninguén (bendita terra de ninguén que diría hai un ano). Os de Santa Comba lograron equilibrar ata en dúas ocasións un marcador desfavorable. Na primeira metade foi determinante a figura do exdeportivista Denis, que primeiro puxo a proba a Julián nun man a man e pouco despois forzaría a falta do primeiro tanto. Encargouse de executarla con precisión de profesional o loureán Pesco, aínda dono dun don natural no contacto coa bola. Non chegaría demasiado a campo contrario o equipo de Iván Cancela nun irregular primeiro acto. Melloraría a imaxe na reanudación, cun xogo máis rápido, chave para o primeiro tanto. Camilo cedeu para Jesús, quen foi derribado polo porteiro local e víctima de penalti. Doro non errou desde os once metros. De novo resultaría verdugo Pesco aos poucos minutos, cunha execución indirecta esta vez que causo desconcerto na zaga visitante e unha opción de gol que Gabri non errou. O intercambio de golpes reduciríase de novo a puñado de minutos, debido nesta ocasión ao infortunio do ex do Soneira Mauro, quen cometeu penalti sobre Jesús. Doro, de novo, coa fiabilidade cun coche alemán, converteu a gol. Sofán 2-1 Arzúa Campo: O Carral Sofán: David Pena, Sito, Félix, Rubén, Iván Rey, Raúl (Brais Barreiro, min. 74), Luis (Quintela, min. 58), Sera, Álex Figueiras (Iván Rojo, min. 33), Jacobo (Felipe, min. 86) e Fabián Arzúa: Albor, Guille, Carril (David Enjamio, min. 82), Jhonny, Borja (Manu, min. 71), Diego (Santi, min. 76), Dani Méndez, Miguel, Diego Enjamio, Álvaro y Suso (Iván, min. 61) Árbitro: Rivera Gores (Vigo). Amonestou a Iván Rey, Eibe e Rojo Goles: 1-0, min. 43: Iván Rojo; 2-0, min. 44: Fabián; 2-1, min. 82: Dani Méndez Benvida, Señora Victoria Recuperou a senda do triunfo o Sofán, e o fixo no seu feudo fetiche, O Carral, onde seguen sen adaptarse a maioría dos visitantes. Esta vez a víctima foi un Arzúa que deixou moi boa imaxe e a piques estivo de dar un pequeno disgusto. Nun primeiro acto no que Álvaro avisara cun lanzamento case pefecto de libre directo, e despois de ter agardado atrás durante case tres cuartos de hora, o cadro local acabaría por marchar aos vestiarios con dous tantos de vantaxe, despois de aproveitar sendos erros defensivos. Iván Rojo castigou un erro de marcaxe no primeiro, mentres que Fabián, só un minuto despois, tamén estivo máis listo que os da zona centro do país. Non variou demasiado o panorama tralo paso polos vestiarios, e entre o pau e o oficio defensivo o Sofán foi achicando balóns. Dani Méndez reduxo distancias, e para entón xa comezara destacar a figura de David Pena. O arqueiro foi determinante non suspiro final, nun penalti executado por Iván e detido a modo de gato e con valor de tres puntos.

Comentarios