Preferente: Reciprocidade involutiva
Non sacaron demasiado en limpo Dumbría e Xallas, cun punto que no aporta á súa loita por escapar dos postos de descenso. Ante máis de 300 seareiros, polo menos deixaron un espectáculo interesante, de alternativas no xogo.
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en FacebookDumbría 2-2 Xallas
- Campo: O Conco.
- Dumbría: Iván, Alcaina (Iago García 93), Raúl (David Carreira m.58), Jose, Pablo Conde, Aarón, Brais (Juan m.68), Jano, Jesús (Denís m.86), Iago e Diego Cespón (Charly m.87).
- Xallas: Fabio, Hugo, Óscar, Jota, Barreiro, Fernando (Canedo m.75), Doro, Jesús, Camilo. Anxo (Cristian m.85) e Marcos.
- Árbitro: Lois Carro (A Coruña). Expulsou a Pablo Conde (m.60) do Dumbría. Amonestou a Pablo, Brais, Jano, Jesús, Iago e Diego Cespón do Dumbría; Jota e Barreiro do Xallas.
- Goles: 0-1 m.4 Anxo; 1-1 m.26 Iago; 1-2 m.52 Doro; 2-2 m.57 Aarón.
Foi madrugador Anxo, que antes de que se cumprisen os cinco primeiros minutos de xogo aproveitou un desaxuste da zaga local para soñar con celebrar un triunfo novamente. Tomarían a responsabilidade dos dous equipos algúns dos futbolistas con máis táboas, como é o caso do ceense Iago, sobresaínte na execución a gol dun libre directo. Terían poucos achegamentos ambos conxuntos de aí ao descanso, e libraríase unha igualada batalla no medio. Xa na reanudación, de novo golpeou cedo o cadro combés, cun tanto de Doro marca da casa. O capitán foi o home máis activo dos seus en funcións ofensivas. O 2-2 definitivo sería obra de Aarón, de bonito remate á saída dun córner.
Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
- X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
- X.3: Unha bagaxe agridoce.
- X.4: Sen gol.
- X.5: Alerta.
- X.6: Esperanza ou desconfianza.
- X.7: Pechando a táboa.
- X.8: Aformigados.
- X.9: Para o carro, José.
- X.10: Sufrindo tamén vale.
- X.11: O Xallas releva ao Dumbría na UCI.
- X.12: Sabor amargo.
- X.13: Pechando a táboa.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).