Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Preferente: Revolta irmandiña pola permanencia

Preferente: Revolta irmandiña pola permanencia
Triunfo chave dun Soneira desmelenado, que ben pudo ter sido aínda máis productivo se o Sofán puntuase en Bertamiráns; o Xallas voltou á senda do triunfo Non pudo o Sofán en Bertamiráns - Foto: SD Sofán Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Soneira 5-1 Sarriana Campo: Municipal Soneira: : Josiño, Rubén Forján, Oscarín (Darío m.74), Aarón (Óscar de Maema m.70), Brais, Jota, Pichi, Richi (Dani Casal m.70), Vía, Javi e César (Mayor m.59) Sarriana: Saúl, Rubén Castro, Ledesma, Alami, Alberto, Vilela, Asier, Óscar Fernández, Carlos Yáñez (Iago Fernández m.72), Valcarcel e Fran Pastor (Luis Mariño m.46) Árbitro: Martínez Míguez (Santiago). Expulsou a Vilela, da Sarriana (m.60). Goles: 0-1 m.9: Fran Pastor; 1-1 m.37: Vía; 2-1 m.57: Aarón, de penalti; 3-1 m.66: Javi; 4-1 m.74: Dani Casal; 5-1 m.82: Pichi, de penalti Que si, carallo, que a salvación a da este traballo Goleou o Soneira á Sarriana nun deses partidos nos que non vale outra cousa que vencer, e que ademais deixan tocado a un rival directísimo. Os vimianceses foron fortes mentalmente e, sabedores da súa superioridade en potencia non se viñeron abaixo cando, aos nove minutos, un moi defensivo cadro lucense conseguía conectar unha contra e adiantarse no marcador grazas a un tanto de Fran Pastor. A mellora costeira foi progresiva, pero constante. Non chegou oir centrímetros a igualada de Vía case de forma inmediata, pero o bullicioso atacante resaciríase pouco antes do intermedio, ao aproveitar un rexeite do meta visitante a tiro de Javi. Para entón a superioridade soneirán era latente, e o paso polos vestiarios non variou un ápice o guión. Un claro penalti sobre Javi non era desaproveitado polo muradán Aarón para facer o segundo, mentres que o 'tolo do pelo vermello', protagonista nas accións de gol anteriores, cazaría esta vez un rexeite do pau para empurrar a gol o que case era xa a sentencia. Os minutos finais deixáronlle lamer o regusto do gol a dous homes fundamentais na mellora das últimas semanas: o carballés Dani Casal e o 'turrón de Urroa' Pichi. Bertamiráns 2-1 Sofán Campo: Municipal Bertamiráns: Alberto; Kevin, Borja Collar, Coqui; Alfonso, Castro, Alvite, Jorge Martínez (Saúl, min 88), Adán; Alberto (Agus, min 85) e Rial (Uxío, min 70) Sofán: David; Dani Becerra, Félix, Rubén (Fran, min 59), Iván Rey (Adrián, min 77), Sito; Luis (David Mespollet, min 59), Iván Rojo (Quintela, min 53), Sera (Álex Figueiras, min 46), Fabián e Raúl Árbitro: Otero Domínguez (Vigo). Goles: 1-0, min 47: Alvite, 2-0, min 78: Uxío, 2-1, min 90: Quintela Non chegaron os reforzos O Sofán pudo ter feito dobremente bo o triunfo do Soneira, ao visitar a un dos rivais máis directos dos vimianceses, pero a maior necesidade dos santiagueses impúxose nun encontro moi feo. Apenas houbo producción ofensiva nunha primeira metade para esquencer e na que só un remate de Jorge Martínez por parte dos locais, e de Félix dos carballeses, acabaron co que era unha monotonía constante. Unha das especialidades dos de Josito, o balón parado, foi esta vez un pesadelo. Unha falta lateral rematada por Alvite comezou a condea e significou o primeiro tanto, nada máis regresar de vestiarios. Pudo equilibrar Raúl, pero o seu remate sacouno un defensa. Outro balón parado, a falta de doce minutos, foi convertido a gol por Uxío e cavou a tumba definitiva dun Sofán que reaccionou demasiado tarde e que só recurtaría distancias á postre por medio de Quintela. Xallas 1-0 Atlético Escairón Campo: A Fontenla Xallas: Julián, Cristian, David, Brais, Doro, Jesús, Camilo (Kevin m.69), Fernando (Julián m.83), Jose, Iván e Martín (Marcos m.20). Atlético Escairón: Javi López, Félix, Castro, Pedro (Denis m.65), Barsán, Marzán, Quiroguita, Rubén Díaz (Aitor m.78), Iván González e Anxo Árbitro: Mirazo Insua (Pontevedra). Amonestou a Fernando, Jesús, Brais, Luisito, Cristian do Xallas; Basán, Iván González e Barsán do Escairón Gol: 1-0 m.60 Doro, de penalti Retorno á boa senda Tiña que ser Doro o que marcase o camiño do retorno xalleiro á boa senda. Nun encontro que non pasará á historia pola súa calidade, os combeses superaron a un veciño clasificatorio como o Atlético Escairón. Non se notaron en exceso as recentes marchas de Róber Pladur e Anxo, e os locais quixeron dominar a un rival bastante conservador e que apenas xerou oportunidades de perigo. De feito, entre os dous conxuntos só xeraron unha acción clara nos primeiros corenta e cinco minutos: un remate de Jesús ao corpo do porteiro tras un gran centro de Marquiños. Non variou demasiado o prantexamento nunha reanudación na que de novo Jesús canalizaría o perigo xalleiro, e na que os visitantes só inquedaron unha vez, nunha falta lanzada por Iván González. Un penalti convertido sobre Jesús deulle a opción a Doro para marcar. E nunca perdoa.

Comentarios