Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Preferente: Sabor amargo

Preferente: Sabor amargo
Dumbria na Preferente Un dos 11 do Dumbría neste curso coas novas camisolas Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Non foi tan produtiva a semana para un Dumbría que segue indo a máis e un Xallas desafortunado. Con estes resultados, o cadro xalleiro segue en postos de descenso mentre o dumbriés anda no fío.

Dumbría 1-1 Castro

  • Campo: O Conco fructífera
  • Dumbría: Iván, Alcaina, Raúl, Jose, Pabo (David Carreira m.71), Aarón, Brais (Martín m.83), Jano, Iago, Jesús (Javi m.83) e Diego Cespón
  • Castro: Yebra, Jairo, Dumi, Tanketín, Zico, Novo, Alvarito, Xaime, Iván González, Tichu e Nano (Buide m.72)
  • Árbitro: García Carrera (Pontevedra).
  • Goles: 1-0 m.60 Brais; 1-1 m.65 Tichu

Brais contra o oficio

Definitivamente, hai un antes e un despois no Dumbría respecto á chegada do corcubionés Brais. Non só é un tema de resultados, senón tamén de sensacións e de apertura de opcións ofensivas. O equipo de Canosa non estivo ó nivel das dúas victorias anteriores, pero si contigo a un rival moi compacto. O Castro, de feito, ben puido ter marchado ao descanso en vantaxe, pero Iván Bouzón foi quen de deterlle unha pena máxima ao pichichi Iván González. Xa no segundo acto, Brais adiantaría ao Dumbría tras unha boa acción pola esquerda. Unha ledicia que duraría apenas cinco minutos, ata que Tichu equilibrou de vaselina.

 

Bertamiráns 5-1 Xallas

  • Campo: Municipal
  • Bertamiráns: Jose, Jacobo, Martín, Kevin, Damián, Borja Collar (Saúl m.69), Hugo (Jesús m.72), Juan Castro, Andrés (Adán m.72), Iñigo (Pablo m.57), Astray e Adrián Beiroa
  • Xallas: Julián (Fabio m.70), Jose, Sergio (Jacobo m.46), Hugo, Kevin, Fernando, Iván, Marcos (Camilo m.65), Eugenio (Ángel m.65), Óscar e Víctor (Pablo Novo m.20)
  • Árbitro: Gómez Lameiro. Expulsou a Óscar, do Xallas. Amonestou a Marcos, Fernando, Kevin e Adan.
  • Goles: 1-0 m.18 Adrián Beiroa; 2-0 m.29 Borja Collar; 2-1 m.38 Hugo; 3-1 m.45 Adrián Beiroa; 4-1 m.62 Adrián Beiroa; 5-1 m.81 Jacobo, en propia meta.

Crueldade dun amigo

Tres goles de Adrián Beiroa, ex da mellor etapa recente do Xallas, serviron para que o Bertamiráns solventase rápidamente o compromiso ante os combeses. Apenas houbo sete minutos de incertidumbre, entre o cabezazo a gol de Hugo e a réplica psicolóxica de Beiroa.

 

Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios