Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Señor Sofán

Preferente: Señor Sofán
Un novato equipo carballés pasea orgulloso pola Preferente, onde só deixou de vencer un encontro; o Soneira rozou a xesta en Paiosaco e o Xallas non pudo co Viveiro O Sofán superou en todo á Esteirana - Foto: SD Sofán O Sofán superou en todo á Esteirana - Foto: SD Sofán Sofán 2-0 Sarriana O Carral disfrutou cos seus - Foto: SD Sofán O Carral disfrutou cos seus - Foto: SD Sofán Campo: O Carral Sofán: Fedeyo, Iván Rey (Seo m.76), David, Sito, Rubén, Fabián, Jacobo Eibe (Álex Varela m.86), Iván Rojo (Adrian m.72), Luis, Quintela e Raúl (Franchu m.84) Sarriana: Javi Pita, Luisma, Bryan, Alami (David Lopez m.77), Alberto, Vilela, Fran, Chavea (Raul m.70), Fran Pastor (Hugo m.61), Charly e Marino Árbitro: Miñán Fernández (Ferrol). Amonestou a Raúl e Quintela do Sofán; Alami da Sarriana Goles: 1-0 m.56 Iván Rey; 2-0 m.60 Luis Nin cede o paso nin fai stop Como unha moto vai un Sofán con apariencia de experto en Preferente, pero que está a cumprir o seu primeiro mes na competición. A Sarriana foi a última víctima dos carballeses, máis preto de loitar por palabras maiores que de calquera atisbo de perigo. Unha primeira metade de balóns ao pau e falta de puntería deu paso a unha reanudación na que Iván Rey, de falta maxistral, e Luis, de bo disparo, resolveron a favor dun excelente conxunto vermello. Xallas 0-1 Viveiro Campo: Platas Reinoso (Baio) Xallas: Julián, Rubio, Kevin Rajoy, Martín Barreiro, Bryan, Canedo, Fernando (Doro m.65), Jesús, Marquiños (Kevin m.75), Anxo (Luisito m.65) e Álex Blanco Viveiro: Kiko, Nano, Jorge, Rouco (Mada m.60), Dani Fernández, Fidi, Diego Chis, Rego, Luis Coedo (Popo m.72), Aurelio (Álex Meitín m.76) e Álex Díaz (Arturo m.89) Árbitro: Rey Molano (Ferrol). Amonestou a Kevin Rajoy, Martín Barreiro, Álex Canedo do Xallas; Diego Chis e Jorge do Viveiro Gol: 0-1 m.71 Álex Díaz Unha xenialidade mortal O Xallas caeu derrotado ante o Viveiro por mor dun espectacular disparo desde trinta metros de Álex Díaz. Non foi o mellor encontro dos combeses, aos que lles custou moito xerar opcións de gol. Marquiños tivo a máis clara na primeira metade, mentres que nos compases finais Doro chegou ter nas súas botas o 1-1. Paiosaco 5-3 Soneira Campo: A Porta Santa Paiosaco: Rama (Dani Moreno m.78), Christian Iriso, Gonzalo (Aythami m.66), Sergio, Javi Fuentes, Iván (Josito m.57), Alberto, Michi Castro (David Villar m.72), Diego Lois, Juanma e Manja (Pablo Rodríguez m.57) Soneira: Anxo, Fuentes (Dani Casal m.62), Jota (Darío m.80), Aarón, Mayor, Óscar de Maema (Javi m.62), Basti, Rubén Forján, Pichi (Alberto Vía m.70), Mario (De la Sierra m.70) e Brais Mouzo Árbitro: López Fernández (A Coruña). Amonestou a Iván, Rama, Christian Iriso, Javi Fuentes e Josiño do Paiosaco; Pichi, Aarón e Dani Casal do Soneira Goles: 0-1 m.10 Basti; 1-1 m.22 Alberto; 1-2 m.37 Rubén Forján; 2-2 m.44 Diego Lois; 2-3 m.46 Rubén Forján; 3-3 m.55 Manja; 4-3 Juanma; 5-3 m.69 Michi Castro Unha hora xenial e media desastrosa O Soneira estivo a piques de dar a campanada na Porta Santa, ante un candidato ao ascenso a Terceira División. Vellos coñecidos da zona e moita experiencia eran as armas dos locais, que se viron sorprendidos ata con tres desvantaxes. O empurre e as imprecisións vimiancesas acabaron coa sorpresa da xornada.

Comentarios