Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Só queda vencer e vencer

Preferente: Só queda vencer e vencer
Redúcense as opcións de permanencia dun Soneira que caeu derrotado ante un gran Polvorín; necesitan pleno os os vimianceses e tentar escalar así o maior número de prazas posible Fran e Diego Lois, nunha acción do encontro do Carral Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Polvorín 5-2 Soneira Campo: O Ceao Polvorín: Asier, Pablo Rey, Julio Camba, Óscar Rivas; Luis Díaz, Javi Rey (Duque, min 58), Dani Góngora (Edgar, min 80), Cuadrado (Adrián, min 82); Daniel Renda e Marcos (Yerai, min 77) Soneira: Josiño; Darío, Aarón Fernández (Sergio, min 82), Jota, Oscarín; Óscar de Maema, César, Dani Casal, Richi; Basti e Pichi Árbitro: González Fernández (Vigo). Goles: 1-0 m.2 Dani Renda; 2-0 m.20 Javi; 2-1 m.23 Pichi; 3-1 m.44 Rivas; 3-2 m.67 Dani Casal; 4-2 m.73 Duque; 5-2 m.82 Duque Demasiado Polvorín para tan pouca explosividade O Soneira non foi quen de sacar algo positivo da súa visita ao filial do Club Deportivo Lugo. O cadro vimiancés competiu moi ben durante varias fases do encontro, pero atopouse coa capacidade combinativa e de finalización dos locais. Dani Renda e Javi poñían a papeleta da tarde moi negra para os costeiros, que atoparon unha luz co tanto de Pichi no ecuador do primeiro tempo, tras un bo remate. Rivas, antes do descanso, daba outro pau moral. Foi a primeira media hora da reanudación o mellor momento do encontro soneirán, máxime a raíz do 3-2, cun remate de calidade de Dani Casal. Pero os riscos asumidos aumentaron os espazos, e aí Duque matou o encontro con dous tantos máis. Sofán 1-0 Paiosaco Campo: O Carral Sofán: David Pena, Sera, Iván Rey, Rubén, Félix, Seo, Fran (Eibe m.84), Iván Rojo (Álex Figueiras m.71), Luis, Quintela (Adrián m.87), e Raúl (Brais m.88) Paiosaco: Rama, Zalo, Pablo, Christian Iriso (Portillo m.81), Sergio (Ventola m.83), Javi Fuentes, Josiño Vázquez (Bam Bam m.70), Diego Lois (Tabu m.70), Manjarín, Iván Amor e Michi Árbitro: Mosquera Goce (Vigo). Expulsou a Luis, do Sofán (m.90). Gol: 1-0 m.67 Iván Rojo Queridísimo O Carral A fortaleza como local volveu permitirlle ao Sofán recurtar as diferencias respecto ao seu visitante. Os carballeses acadaron matemáticamente a permanencia grazas a un tanto de Iván Rojo, que serviu para noquear ao seu exequipo, un Paiosaco que prácticamente di adeus ás súas opcións de ascenso a Terceira División. Os visitantes, con maior necesidade real, gozaron das mellores opcións nun primeiro acto tan frío como as condicións meteorolóxicas. Iván Amor, nun remate que marchou alto por moi pouco, e o ex do Silva Diego Lois, cun libre directo de moita 'mala leche' avisaron e a piques estiveron de adiantar aos verdibrancos. Curiosamente, un dos homes de máis calidade sobre o campo, o '10' do Ventorrillo, acabaría por condear aos seus. Un mal pasa atrás para Rama foi interceptado por Iván Rojo, que se prantou diante do meta e resolveu con calidade. Antes, xa avisara cun disparo ao pau. Co Paiosaco volcado, Quintela pudo facer o segundo, e o meta David Pena acabaría por salvar os mobles ao respostar de forma milagreira a unha falta de Iván Amor. Chantada 1-0 Xallas Campo: Sangoñedo Chantada: Ferre, Álex Mouse, Greco, Traste, Alberto, Manu, Povis (Pulpix m.70), Cebo, César (Michi m.90), Kadete e Javi Ramos (Brais m.59) Xallas: Koke, Cristian, Luisito, Rubio, Rachón (Fran Calvo m.77), Canedo, Doro (Rieiro m.20), Jesús, Kevin (Raúl m.80), Camilo e Marquiños (Grille m.77) Árbitro: Fernández Blanco (Pontevedra). Amonestou a Povis do Chantada; Cristian, Canedo e Jesús do Xallas Gol: 1-0 m.66 Manu. de penalti Ata cos 'B' pudo vencer O Xallas acudiu a Chantada cun equipo moi pouco habitual e a piques estivo de facerlle un favor ao veciño Soneira. Non foi así e caeu derrotado de penalti, e despois de ter as mellores opcións do encontro. Rubio, moi activo pero moi pouco resolutivo na última decisión, avisou moi cedo cun remate ao longueiro. Os locais, que non podían permitirse unha derrota, non arriscaron demasiado. A lesión de Doro foi un contratempo máis para os combeses, que terían en botas de Marquiños outra máis. Xa no segundo acto o meta Ferre sacoulle dous mans a man a Rubio, mentres que no outro área Rachón derribaba a César e cometía un penalti decisivo, convertido por Manu.

Comentarios