Preferente: Sufrindo tamén vale
Sufríu o Dumbría para conseguir a primeira vitoria da temporada, pero os tres puntos valen igual. Non trouxo nada o Xallas de Riveira tras malograr unha boa vantaxe e por mor dos despistes en defensa.
Seguen en postos de descenso os equipos costeiros, pero preto da salvación xa. O cadro xalleiro suma 7 puntos polos 6 do dumbriés.
Dumbría - O Val (1-0)
- Dumbría: Iván Bouzón, Adrián Alcaina, Raúl, Jose, Pablo Conde, Aarón, Brais (Martín, m.70), Diego Cespón (Iago García, m.63), Iago, Jesús (David Carreira, m.83) e Adrián Nieto (Carlos Antelo, m.86.
- Gol: 1-0, m.31: Adrián Nieto.
3 puntos máis que sufridos
Moito sufrimento para conseguir a primeira vitoria da temporada. Os de Canosa souberon nadar e gardala roupa, facendo unha decente primeira metade e sabendo sufrir na segunda. Marcou Adrián Nieto á media hora, e puido caer o segundo en boas contras cos Jesús ou Brais Lado como estiletes. Pero tamén tivo Bouzón algunha boa acción baixo paus. Ao final, acabou pedindo a hora o cadro local.
Riveira - Xallas (4-3)
- Xallas: Fabio, Fuentes (Cristian, m.60), Hugo, Pablo Novo (Camilo, m.74), Jota, Canedo, Doro, Jesús, Kevin, Coria (Anxo, m.76) e Marcos.
- Goles: 0-1, m.8: Kevin aproveita un pase longo de Jota; 0-2, m.34: Coria de cabeza tras unha internada de Marcos; 1-2, m.39: Joseiño; 2-2, m.44: Joseíño; 3-2, m.64: Pap; 4-2, m.81: Pap; 4-3, m.88: Anxo a pase de Jesús.
Dolorosa remontada
Deixou escapar o Xallas unha boa ocasión de saír do pozo, despois de colocarse moi ben na primeira media hora cun claro 0-2 no marcador. Foi despois duns minutos de respecto e precaución cando Kevin adiantaba aos xalleiros. Mandou durante a seguinte media hora o equipo verde, e Coria facía xustiza poñendo o segundo no marcador.
Pero en dúas ocasións illadas, o Ribeira métese no partido e empata antes do descanso, facendo moito dano psicoloxicamente pois logo da boa primeira metade o premio era escaso.
O Riveira sae na segunda parte mellor posicionado e esperando os fallos da imprecisa defensa xalleira. E desta maneira aos 20 minutos Pap aproveita un mal despexe de Cristian para desde a frontal de tiro raso marcar un gran gol. Pouco despois facía o cuarto e a pesar do 4-3 de Anxo, non habería tempo para a remontada.
Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
- X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
- X.3: Unha bagaxe agridoce.
- X.4: Sen gol.
- X.5: Alerta.
- X.6: Esperanza ou desconfianza.
- X.7: Pechando a táboa.
- X.8: Aformigados.
- X.9: Para o carro, José.
Crónicas da semana
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).