Preferente: Tan fodido é dicir adeus

13:38 29/05/17
O Soneira baixa directamente a Preferente, coa interrogante sobre o seu futuro no banco; curiosamente, Xallas e Sofán comezarán novo ciclo
O Sofán agradeceulle o apoio aos seareiros
Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís
Laracha 3-0 Xallas
Campo: Municipal
Laracha: Álex (Jano, min. 87); Iván, Antonio, Beto, Héctor; Rebolo (Roberto, min. 83); Alexandre (Souto, min. 68), Miguel Ángel, Iván Patiño (Pablo Domínguez, min. 85); José e Miguel Taibo (Dani Bea, min. 77)
Xallas: Julián; Marcos (Manu, min. 87), Brais López, Rubio, Cristian (Danis, min. 81); Fernando (Luisito, min. 59), Canedo; Kevin (Tuñas, min. 67), Doro, Camilo e Jesús
Árbitro: Casal Fernández (Vigo).
Goles: 1-0, min. 15: Iván Patiño. 2-0, min. 45: Miguel Taibo. 3-0, min. 86: Souto
Invitados á festa
O Laracha acadou o ascenso a Terceira na despedida de Iván Cancela como adestrador dos combeses. Alexandre, ex do San Lorenzo, petou contra o pau antes de que Iván Patiño asinase o primeiro tanto. Miguel Taibo, ex do Victoria, sentenciou antes do descanso e acalou os rumores de primas. A segunda metade sobrou na festa dos locais, que retornar a unha categoría atractiva para moitos futbolistas da zona. En Santa Comba xa se traballa no novo proxecto.
Soneira 1-5 Arzúa
Campo: Municipal
Soneira: Josiño, Jota, Aarón, Mayor (Pereira, min. 78), César, Romero, Javi, Óscar, Casal, Richi (Darío, min. 29) (Sergio, min. 55) e Brais Mouzo
Arzúa: Vilariño, Guille (Joaquín, min. 46), Carril, Jhonny, Méndez, Miguel (Diego, min. 56), David (Esteban, min. 46), Diego, Damián (Iván, min. 46), Álvaro e Suso
Árbitro: Mazarica Rodríguez (Ourense). Expulsou a César, do Soneira (m.43).
Goles: 1-0, min. 11: Javi; 1-1, min. 21: Méndez; 1-2, min. 39: Jhonny; 1-3, min. 51: Diego; 1-4, min. 69: Méndez; 1-5, min. 74: Méndez
Cara abaixo
Retorna o Soneira a Primeira tras un ano cheo de contratempos e historias varias. Non hai oficialidades sobre o rumbo ou o banco, e a pesares de que nos últimos dous encontros poderían ter valido catro puntos para rezar o equipo encaixou unha quincena de goles. A expulsión de César resultou determinante para que a segunda metade resultase un vía crucris simbólico dunha tempada para esquencer.
Sofán 1-1 Noia
Campo: O Carral
Sofán: David Pena, Sito, Félix (Felipe m.76), Ruben, Adriá (Eibe m.61), Iván Rey (Quintela m.63), Raúl, Luis, Iván Rojo (Figueiras m.60), Seo e Brais (Fabián m.55)
Noia: Manu, Carlos, Pablo Díaz (Sergio m.34), Tachi, David Suárez, Manoliño, Villa, Alberto, Tino, Emilio e Xaco
Árbitro: López Bermúdez (Vigo).
Goles: 0-1 m.58 Xaco; 1-1 m.80 Raúl
Como campións
Homenaxe á parroquia sofanista ante o gañador da categoría e despedida de Josito, adestrador e gurú da nova realidade carballesa. Medio millar de curiosos achegáronse ao Carral para ver un encontro entretido e con alternativas. Houbo tamén celebración greco-turca con pirotecnica para o tanto do local Raúl, a piques do adeus. Campo novo, realidade nova e soños por escribir e pensar no Sofán dun futuro, iso si, sen Josito

