Luns. 29.04.2024
El tiempo

Preferente: Vaise das mans

Preferente: Vaise das mans
Unha abultada e dura derrota ante o Estudiantil deixa ao Soneira cada vez máis cara a súa continuidade na categoría O Sofán posou cos máis pequenos da entidade, campións de liga Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Soneira 1-6 Agrupación Estudiantil de Loimil Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Darío, Oscarín, Jota, Aarón, Óscar de Maema, Dani Casal, Rubén Forján (Sergio Pichón m.10), Richi, Pichi e Basti Estudiantil: José, Jacobo, Fafú, Brais Calvo (Juan Rey m.57), Antón, Fon (Marian m.51), Colón (Ander m.64), Diego Peña, Brais Vidal (Alberto m.57), Peiteado e Stefan (Iker m.57) Árbitro: Gundín Barreiro (Ferrol). Amonestou a Dani Casal, Basti e Aarón do Soneira Goles: 0-1 m.5 Brais Calvo; 1-1 m.17 Richi; 1-2 m.26 Fon; 1-3 m.46 Stefan; 1-4 m.55 Antón; 1-5 m.83 Jota, en propia meta; 1-6 m.87 Antón Un golpe duro Sen demasiados efectivos e ante un rival que loita por cotas máis altas, o Soneira cedeu e entregou boa parte das súas opcións de permanencia na Preferente. Os vimianceses resistiron o duro primeiro golpe, un golazo de Brais Calvo desde o centro de campo. Richi respostou perfectamente nun centro de Darío. Pero no que estaba a ser unha dinámica igualada e sen demasiados achegamentos aos áreas, Fon desequilibrou novamente nun rexeite do longueiro. O punto de inflexión sería o terceiro tanto, obra de Stefan, en xogada colectiva nada máis comezar a segunda emtade. Aí, as circusntancias, o cansancio e o marcador acabaron por afundir aos vimianceses, que concederon espazos e ata tres goles máis, un deles en propia meta ao tentar Jota despexar un balón. Sofán 1-4 Atlético Arteixo Campo: O Carral Sofán: David Pena; Sito, Seo (Iván Rojo, min.56), Sera, Adrián (Brais Barreiro, min.66); Rubén (Jacobo, min.68), Iván Rey; Raúl, Alex Figueiras (Mespollet, min.66), Fabián (Felipe, min.73) e Luís Atlético Arteixo: José; Aless, Pablo Vigo, Gabriel; Mauro, Denis (Pupo, min.88); Chechu, Pesco (Tomás, min.89), Santi; Vituco (Geri, min.87) e Otero (Rubén Porto, min.65). Árbitro: Montero Piñeiro (Lugo). Amonestou a Luis; Pablo Vigo e Mauro Goles: 1-0, min.8: Alex Figueiras; 1-1, min.26: Pesco; 1-2, min.29: Santi; 1-3, min.85: Denis; 1-4, min.89: Geri Era máis importante para o Arteixo Precisaba o triunfo o Atlético Arteixo no campo do Carral, e acadouno. O histórico conxunto do área metropolitana herculina está a un só punto de certificar a permanencia de forma matemática. Só o éxito do Mugardos impediu que o deixara finiquitado. Notouse a diferencia do que había en xogo sobre o céspede do campo sofanista, a pesares do tanto inicial de Álex Figueiras, cun disparo que se colou por toda a escuadra. O muradán Pesco e o ex do Soneira Santi voltearon antes da media hora, ambos con remates a balón parado. Xa no segundo tempo, co Sofán volcado, o ex do Laracha Denis e o hispano albanés Geri Malaj sentenciaron á contra. E aínda poderían ter caído máis. Sarriana 0-1 Xallas Campo: A Ribela Sarriana: Edgar, Iago, Bryan, Alami, Monchito (Noel m.72), Luisma, Samos, Alejandro (Diego m.80), Asier, Cansi, Álex (Alexis m.85) Xallas: Koke, Christian, Brais, Thiago (Grille m.71), Kevin (Danis m.81), Camilo, Rachón (Carlos m.57), Fernando (Manu Pérez m.86), Luis, Canedo y Marcos Árbitro: Mazaira Rodríguez (Ourense). Amonestou a Bryan, Luisma e Noel da Sarriana; Marcos do Xallas Gol: 0-1 m.70 Camilo Sigue na línea positiva Aínda que o seu rendemento ten decrecido algo desde as recentes baixas, o Xallas sigue a competir en cada encontro, como en Sarria, onde sumou tres novos puntos nunha moi digna actuación. Os combeses superaron o test nunha primeira metade de moi poucas opcións de perigo, e na que Kevin, de libre directo, dispuxo da mellor. Protestaron os locais un gol anulado a Alami por infracción previa. Resultou de superioridade verdilla unha reanudación na que Camilo asinaría o único gol da tarde, tras unha moi boa acción persoal de Kevin con pase preciso. Canedo e Fernando dispuxeron de accións para aumentar a conta.

Comentarios