Luns. 07.10.2024
El tiempo

Preferente: Xornada de paso

Preferente: Xornada de paso
Dumbria-Boiro-Foto- Jorge Parrri Quedan 5 xornadas e pouco interese ten xa a Preferente para os nosos. Quedar o máis alto posible é o obxectivo dos Xallas de Santa Comba, Dumbría e Soneira, que nin poden achegarse ao máis alto, nin pasarán xa apuros. Nesta xornada 33, o XSC conseguía unha sufrida vitoria no campo do pechacancelas, que o deixa 5º. O Dumbría queda 7º tralo empate ante o potente Boiro, mentres que o Soneira se deixaba coller polo Val e queda 11º entre unha maraña de equipos da zona media, que o pode levar dende a 8ª praza ata a 14ª.

Taboada - Xallas StComba (1-2)

  • XSC: Diego, Forján, Martín, Guillermo, Pablo, Óscar, Jesús (Mon, min.75), Jota, Orlando, Darío (Chinda, min.50), Noli (Javi Suárez, min.65).
  • Goles: 0-1, min.40: Orlando; 1-1, min.55; 1-2, min.85: Chinda no segundo a un saque de banda.
  • Expulsión: Orlando no min.75.
Gran vitoria do XSC de Corredoira nun campo moi malo, moi complicado para xogar. Na primeira metade foron moi superiores os xalleiros, e puideron marchar con máis vantaxe. Noli avisaba cedo cunha só diante do porteiro, e outra boa tivo Jesús, pero non foron capaces de definir. Si o fixo Orlando antes do descanso para dar algo de tranquilidade aos verdes e laranxas. Pero cando mellor estaba o Xallas chegaba o empate. Reaccionaba de novo o XSC ante un equipo ferido como é o Taboada, que leva unha xeira moi negativa e segue de pechacancelas pero que loita ata o último suspiro. Máis ocasións chegaban para os xalleiros por medio de Rubén e Jesús, pero non atinaron. Púñase a cousa complicada coa expulsión de Orlando, pero aínda con 10 tiraron de arrestos e conseguiron o empate por medio de Chinda. Aínda houbo tempo para sufrir con varios pelotazos arriba do cadro local que meteron, nos últimos minutos, ao Xallas na súa área.

O Val - Soneira (0-3)

  • SONEIRA: Cheli, Iván Cerilla, Fran de Urroa, Maikel, Mayuyo, Mayor (Víctor, min.75), Baba, Míchel, Basti (Richi min 62), Toni (Cris, min.73), Javi (Adrián Makaay, min.60).
  • Goles: 1-0, min 60; 2-0, min.65, 3-0, min.90.
Volve de baleiro o Soneira de Ferrolterra tras verse superado na segunda metade polo conxunto local. Na primeira aguantaron ben os de Candamo, que mesmo chegaron a ter algunha ocasión, pero que tamén viron como Cheli salvaba algunha. Na segunda, o cadro do Val fixo un xogo máis directo e puxo en apretos a defensa vimiancesa. O choque sentenciouno o dianteiro local con dúas internadas ás costas da defensa matanto o un contra un con Cheli. Apenas tivo opción de resposta o Soneira que vía como no 90 o Val puña a guinda co 3-0. Un resultado que lle vale para alcanzar aos soneiráns na táboa, con 29 puntos.

Dumbría - Boiro (0-0)

DUmbria contra o Boiro-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Pablo Conde, Pablo Vidalm David Carreira, Rudi, Aarón Fernández, Dani Casal (Leo, min.55), Jesús (Pedrosa, min.75) Piri, Iago, Huete (Luisito, min.65).
Aguantou o Dumbría o potencial dun equipo como o Boiro, terceiro clasificado e que buscou en todo momento levar os 3 puntos do Conco. Foi o cadro da Barbanza o que levou o peso do choque, controlando o balón, pero sen facer demasiado dano ante a seria defensa dumbriesa. Dani Casal tivo a mellor dos locais na primeira metade tras un bo pase de Pablo Vidal. Na segunda, os visitantes insistiron máis pero o Dumbría nunca se descompuxo e soubo aguantar as embestidas. Dumbria-Boiro 2 Foto- Jorge Parri

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios