Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente: Xornada final de relax con todos salvados

Preferente: Xornada final de relax con todos salvados

Xornada sen apuro para os nosos equipos, xa safos. Só o Xallas tiña algo en xogo, pero xa o ascenso cantado do Ourense, deixaba aos de Iván Cancela xa salvados.

Ademais, o Santa Comba vencía ao Laracha e accede a unha 4ª praza que, se ben non serve para nada, deixa ao equipo de Gelucho cun sabor algo mellor. Iso si, os dous equipos xalleiros disputarán unha semifinal-festa xalleira en Fontela da Copa.

O Soneira e o Dumbría pecharon unha boa tempada, non sen sufrimento para os soneiráns.

A tempada só remata para o Soneira, que terá que prantexar un novo curso con moitos cambios. Cambios que tamén chegan por Dumbría, ou por Santa Comba, pero xa iremos dando conta das novidade que sabedes que QPC non é partidario de crear falsos rumores ata que as novas non se materializan.

Unión - Dumbría (1-2)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Isma, Martín, Aarón López, Aarón Fdez., Schuster, Iago, Riki, Luís (Roberto), Cacho (Piri).
  • Goles: 0-1, min.50: Aarón López; 0-2, min.55: Iago; 1-2, min.70.

5 minutos moi enchufados dos de Canosa á volta do segundo tempo serviron para que o Dumbría certificase unha boa vitoria que deixa con bo sabor de boca esta irregular pero positiva tempada para o cadro dumbriés. Cunha media de idade moi baixa para a categoría, o Dumbría pecha o ano na 12ª praza, e prepárase para a semifinal de Copa.

Dubra - Xallas (0-3)

  • XALLAS: Cheli, Iván Forján, Isma, Pío (Óscar, min.80), Ricardo, Rubén Forján, Alemán, Toni, Luís, Alexandre (Sebas, min.30).
  • Goles: 0-1, min.35: Rubén Forján; 0-2, min.65: Rubén Forján; 0-3, min.75: Sebas.

Un espectacular Rubén Forján sentenciou ao Dubra, nun choque no que os xalleiros non quixeron esperar ao ascenso do Ourense para rubricar a súa permanencia. Saíron a por todas os de Iván Cancela, cunha afección verde nas bancadas envexable.

Santa Comba - Laracha (2-0)

  • SANTA COMBA: Pablo, Roberto, Angelo, Orlando (Jota, min.50), Oscar, Toni, Noli (Marcos, min.60), Doro, Julián, Baña (Darío, min.50), Mon (Chinda, min.50).
  • Goles: 1-0, min.30: Noli; 2-0, min.50: Julián.

3 puntos e o Santa Comba supera ao Laracha na táboa, accedendo a un 4º posto que de pouco vale. Os de Gelucho preparan a festa das semifinais co Xallas no preludio do que pode ser algo grande en Santa Comba.

Grixoa - Soneira (1-1)

  • SONEIRA: Durán, Ferreiro, Vecino (Martín), Pichi, Pablo, Michel, Kike (Mayor), Chans, Brais, Javi (Andrés), Vía.
  • Goles: 0-1, min.50: Javi; 1-1, min.80.

Rematou esta estresante temporada en Vimianzo. E ía sendo hora. O sufrimento fixo mella no cadro soneirán, que acaba o ano nun meritorio 13º posto tras asegurar a permanencia na penúltima xornada. Onte, os de Miguel (haberá que ver a súa continuidade, que parece difícil) empataron nun choque sen intensidade, que tivo na man durante case toda a segunda metade.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios