Preferentemente... Preferente
06:43 10/03/17
A máxima categoría autonómica oferta o menú máis forte da semana, cun tremendo derbi en Sofán e o asalto do Xallas ao feudo dun agora rival directo como o Paiosaco
O Sofán terá outro derbi
A categoría que pola natureza dos rivais acostuma a atraer menos a atención común da Costa da Morte oferta esta semana o menú máis atractivo e gourmet de todo o planeta fútbol. Na Preferente, un Sofán coa motivación de seguir a ser revelación e incluso soñar cun potencial premio en forma de promoción recibe a un Soneira para quen cada partido é unha final. Ambos retoman o enfrontamento do pasado curso en Primeira, que se saldou co título para os vimianceses, e tamén un precedente de encontro memorable no Carral, con triunfo daquela para o agora máis necesitado. Pero non será a única fronte con pedigrí. Un Xallas de novo desatado e sen teiro visita ao Paiosaco, candidato a todo e conxunto perfectamente coñecido por Iván Cancela e varios dos futbolistas combeses.
Non haberá derbis pero si emoción nunha Primeira na que hai dous tipos de urxencias. Por arriba un Dumbría en minicrise parece que pode ter no Esclavitud unha víctima propicia para iniciar o asalto ao liderato, tras perdelo meses despois. Por abaixo, ao Zas non lle debería servir nada que non sexa vencer ao Lalín, ao igual que sucede coa visita do Cordeiro a Outes. Menos agobios debería ter o Fisterra en Piloño, onde o máis pesado será o desprazamento.
Aínda non haberá duelos directos esta semana na Liga da Costa, pero si un apaixoante cruce entre dous dos equipos máis en forma. O Corme visita o Municipal de Vimianzo coa ameaza de Pablo Muíño e a casta que soe meterlle o Baíñas a esas tardes. Non o terán sinxelo o resto de candidatos: o San Lorenzo terá nas Pedreiras a un Cee que ten que sumar como sexa, Baio e Castriz xogan un derbi sempre igualado, mentres que o Ponteceso recibe a un Coristanco con algún agobio na táboa e o Mazaricos vai ao sempre perigoso e impredecible Hermanas Patiño. Na loita dos que buscan aire Laxe e Cocubión protagonizan a cita dramática da semana. Pola súa banda, a Terceira deixará o partidazo entre Lira e Muxía, dous grupos de futbolistas con talento para categorías superiores.
PreferenteNorte, xornada 27
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 25
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 26
3ªAutonómica, Gr.2, xornada 24
LigaGalegaXuvenil, xornada 25
LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
Liguillacopeira, Gr.1, xornada 5
Liguillacopeira, Gr.2, xornada 5
Liguillacopeira, Gr.3, xornada 5
LigaGalegaCadete, xornada 25
1ªCadete, xornada 23
LigaGalega Infantil, xornada 24
1ªInfantil, xornada 25
LigaAlevínNorte, xornada 3
LigaAlevínSur, xornada 19
LigaBenxamínNorte, xornada 3
LigaBenxamínSur, xornada 19
LigaPrebenxamín, xornada 2
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.