martes. 06.05.2025
El tiempo

Presentado o Curso de Monitor de Fútbol Base de Baio

Presentado o Curso de Monitor de Fútbol Base de Baio
Curso Adestrador en Zas copia Chema Rei, Manuel Mosquera, Lolo Muíño e Manuel Corredoira

Na mañá de hoxe, no salón de plenos do Concello de Zas, presentouse a convocatoria do Curso de Monitor de Fútbol Base que, desde setembro e ata o mes de novembro, desenvolverase en Baio.

O acto estivo presidido polo alcalde de Zas, Manuel Muiño, que estivo acompañado por Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores; Chema Rei, presidente do Club Deportivo Baio; e Manuel Corredoira, delegado da Escola Galega de Adestradores na Costa e director das Escolas do recentemente formado Club Deportivo Concello de Zas.

Como xa é coñecido, na tempada que se inicia en setembro, todos os adestradores, para poder sentarse nos banquiños e dirixir aos seus equipos, deben de estar titulados e, para esta campaña, en Primeira Autonómica pídese o nivel 1 ou UEFA B (para a próxima será o nivel 2 ou UEFA A), mentres que en Segunda e Terceira o nivel requirido será en de MONITOR, pero conscientes de que para a campaña 2017/18 será o nivel UEFA B e na 2018/19 xa o UEFA A (en Segunda), e en Terceira será MONITOR (2017/18) e UEFA B (2018/19).

Ademais, para os equipos de base é obligatorio ter, polo menos, un adestrador titulado para cada dous equipos de fútbol 8, sendo o titulo necesario o de MONITOR, ata xuvenil local, nestas dúas tempadas, pero a partir das 2018/19 esixirase en xuvenís o título de UEFA B.

É certo que non fai moito os equipos queixábanse da case nula existencia de adestradores titulados na zona da Costa, pero nos tres últimos anos, a Escola Galega de Adestradores, a través a súa Escola na Costa, leva convocados dous cursos de UEFA B (con 30 titulados nos mesmos), e un de UEFA A (con 16 titulados), mentres que de MONITOR son xa seis os cursos desenvolvidos (Dumbría, que foi o primeiro; Santa Comba (2), Fisterra, Muros e Muxía), cunha participación próxima aos 140 monitores.

Inscricións

As inscripcións poden realizarse chamando aos responsables de Cutlura e Deportes do Concello de Zas (Fidel Otero,no CSC de Zas 981751398; Lucía, no CSC Baio 981718056) ou poñéndose en contacto coa Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol (981120619, ext.5), antes do día 2 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios