E nova fin de semana de Fútbol da Costa por todos os costados. Con títulos en xogo, unha vez que rematan as Ligas comarcais Preferente - Senra Sport, na que os nosos irregulares equipos queren gañar para confirmar que non van ter que mirar cara abaixo o que resta de temporada.
Novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Corme, tras tras vencer ao Sofán, visita Pedra Queimada, estando aínda algo máis necesitado que o Malpica, pero ao que pode atrapar na táboa. Por detrás, a Esteurana terá unha nova finalísima ante a visita do Bertamiráns B, i é que a estas alturas, para saír do pozo, cada partido é un mundo e nada se pode escapar da Salina. Pola zona media alta, o Sofán non pode fallar ante o Piloño no Carral; o Baio viista a un dos de abaixo, o Agolada, e pode facerlle un favor a Corme e Esteirana, e o Soneira, a ver se dá a de cal nun dos partidos dos que dan o mellor, ante o líder.
Non poden fallar os 4 de arriba, como a pasada xornada, na 2ª Autonómica - ES Bazarra, onde a atención se centra nun Cabana-Porteño fundamental para ambos. I é que ollando aos posibles arrastres, ata o 4º por abaixo non se pode despistar.
Está que ferve a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Con 5 equipos en 3 puntos pelexando pola 2ª praza que dá acceso á Fase, esta xornada pode ser decisiva. O Camariñas teno de cara pero se perde cos Miúdos en Muros todo cambiaría. O XSC ten a difícil tarea de visitar o Conco, pero é o cadro xalleiro o único que conseguíu vencer esta campaña aos dumbrieses. Ademais, o Cabana ten que vencer na Grixa se quere manter aspiracións ata o último día.
Un título en xogo
Xa ca 1ª Cadete completamente decidida, toca mirar cara a 1ª Infantil. Xóganse XSC e Fisterra todo o sábado pola tarde. Os de Rupper visitan a un Vimianzo en zona baixa e só lles vale gañar para asegurar o título. Mentres o Fisterra só pode gañar e esperar que falle o XSC para aspirar ao título e á única praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega.
Veteranos
Nos Veteranos co paso aberto feito a pasada xornada ao San Román, o líder terá un choque complicado ante o San Lorenzo, 5º a só 5 puntos. Atento estará o Coristanco a calquera tropezo pero terá que vencer en Castriz. O Milagrosa e o Hosgran protagonizarán outro partidazo, 3º e 4º buscando manterse na pelexa por todo.
Ademais, en 2ª División, choque no cumio, entre Agualada e Erbecedo. O Erbecedo, 2º a 4 puntos pero cun partido menos, pode apretar o título ata o máximo.