Luns. 06.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan nunha xornada cunha fermosa homenaxe

2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan nunha xornada cunha fermosa homenaxe
Bainas e Mazaricos demostrando carino a Martin Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Non fallaron os 4 de cabeza nesta 26ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Tiñan partidos complicados como o demostran que 3 das 4 vitorias foron pola mínima. O Zas era o que vencía con dous goles de vantaxe pero tampouco o tivo fácil na Ponte, mentres OutesCastriz e San Lorenzo vencían, pola mínima a Camariñas, Fisterra e Montelouro en 3 bos partidos. Quedan os 4 en apenas 2 puntos, e xa pensan no doble enfrontamento de dentro de dúas semanas: Outes-Castriz e San Lorenzo-Zas.

Por abaixo, a atención estaba en Pedra Queimada, onde o Seaia conseguía unha grandísima vitoria ante o Cabana, e sacan agora 3 e 4 puntos ao Montelouro, que marca o descenso. Todos miran, iso si, cara a Esteirana e Corme na 1ª, que poderían provocar arrastres.


Fisterra - Castriz (1-2)

  • FISTERRA: Norberto, Dani (Manuel Cartamil, min.87), Robertín, Julito (Naranjo, min.85), Roco (Santi, min.75), Adrián (Aitor, min.50), Guardiola, Rodrigo, Eddy, Pablo Lestón e Castreje.
  • CASTRIZ: Pablo, Dani Martínez, Martín Uruguaio, Alberto (Adrián Prol, min.46), Álex, Cili, Bruno, Adrián Beiroa (Gerpe, min.60), Chinda (Martín Gemelo, min.89), Bolón e Agra.
  • Goles: 0-1, min.8: Adrián Beiroa; 0-2, min.36: Chinda; 1-2, min.70: Aitor.
  • Expulsións: o local Pablo Lestón no min.52, e os xalleiros Dani Martínez (min.83) e Martín Uruguaio (min.85).

Partido bronco que mesmo tivo tangana no choque e necesitou a presencia da Garda Civil. O Castriz se metía por diante ben pronto co tanto de Adrián Beiroa e tras unha primeira metade brusca e igualada, sen demasiadas ocasións, Chinda facía o 0-2.

Saía a por todas o Fisterra na segunda, pero aparecía o xogo duro e o colexiado como indeseables protagonistas. Primeiro Pablo Lestón por bando fisterrán e despois Dani Martínez e Martín Uruguaio por bando xalleiro marchaban antes de tempo aos vestiarios. Aitore recurtaba e o Fisterra tivo o empate pero o marcador non se movería.


Seaia - Cabana (4-1)

  • SEAIA: Illote, Dimaga (Parga, min.63), Vistas, Adrián, Javi Rañal, Nando (Jesús, min.75), Damián (Moisés, min.65), Camilo, Juni (Eme, min.46), Miguel Riveiro e Felipe (Manuel, min.70).
  • CABANA: Víctor, Raúl, Charly (Dani Reigía), Iván de Treos, Dani Mato, Diego (Manolo do Cruceiro), Iván Mato, Miky, Moreno, Fernando (Eloy Pereira) e Adán (Berti).
  • Gol: 1-0, min.8: Felipe de cabeza; 2-0, min.42: Miguel Riveiro case dende o medio campo pola escuadra; 3-1, min.65: Camilo; 3-1, min.75: Berti; 4-1, min.80: Miguel Riveiro nunha contra de libro.
  • Lesión: o malpicán Juni.

Era unha das finais da xornada entre dous equipos moi necesitados, que ademais miran con ilusión como Esteirana e Corme tenden cara arriba, cara a permanencia para evitar dous postos máis de arrastre. E foi o Seaia o que foi de cara e saíu moito máis enchufado, marcando xa aos 10 minutos. O partido seguía igualado, pero co cadro local máis metido no choque ante un Cabana que non se atopaba, e que sufríu, e moito, o golazo ao fío do descanso de Miguel Riveiro dende o medio campo.

Non baixou o ritmo o Seaia na segunda, moi enriba, e pronto chegaría a sentenza, co tanto de Camilo. Berti recurtaría pero o Cabana xa non tiña fe e nunha fermosa contra, Miguel Riveiro facía o definitivo cuarto gol da tarde, que deixa ao Seaia a 1 punto dos cabaneses, co golaverage individual a favor dos malpicáns.


Porteño - Zas (0-2)

Porteno e Zas saltando a Grixa-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Suso, Pejo, Gabi, Manuel, Caamaño, Roi (Marcos, min.46), Iago, Cristian, Anxo (Maikol, min.46), Curra (Oli, min.70) e Wii (Rodri, min.82).
  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro, Isma, Vecino (Martín, min.80), Canedo (Pablo, min.79), Peke, Dani (Abel, min.67), David Blanco (Manu, min,76), Rubio e Álex Flores.
  • Goles: 0-1, min.16: David Blanco a centro de Álex; 0-2, min.78: Abel remata unha falta botada por Josito.
Mal estado da Grixa

Tivo opcións o Porteño ata o 0-2, ante un Zas que viña como líder e que demostrou a súa firmeza en defensa. Pero non perdeu a cara do partido o cadro de Roski ata o treito final, e mesmo tiveron algunha ocasión, mandando mesmo un balón ao longueiro.

Boa entrada na Grixa, nun campo en moi mal estado, que non permitía xogar polo que foi un choque de brega, de segundos balóns, e no que o Porteño estivo moi correoso, pero o Zas estivo máius concentrado e forte, cun Álex arriba que ademais de pelexar o incontable, dexou destellos da súa calidade. Coma no primeiro gol ao cuarto de hora, que lazaba un centro que remataba David Blanco, que está afiando a puntería e amenaza aos pichichis, para abrir o marcador.

Chegaba aí o Porteño tamén á meta de Rizos e era o defensa Pereiro o que tiña que sacar un balón baixo paus petando mesmo no longueiro. O propio Rizos facía un paradón a unha falta dos locais, e co partido igualado, chegaba a balón parado, e a 15 do final, a sentenza por medio de Abel.

Porteno-Zas-Foto-Paulajpg

Camelle - Cee (2-2)

  • CAMELLE: Muxián, Sikario del Amor, Lado, Valiña, Peseta, Dido, Macho, Tedín, Félix, Adrián (Sergio, min.43) e Tonsón (Dimitri, min.70)
  • CEE: Maikel, Josiño, Jorge (Álex, min.75), Jacobo, Fiuza, Piquero, Hidalgo (Borja, min.65) , Isma (Lamela, min.46), Chiru (Chema, min.85), Leo e Juan.
  • Goles: 1-0, min.20: Félix de tacón; 2-0, min.50: Félix; 2-1, min.60: Leo a pase de Piquero; 2-2, min.80: Piquero.
  • Lesión: o local Adrián.

Deixou escapar dous puntos o Camelle da casa, nun partido que se lle puxo de cara pero que non soubo finiquitar ante un Cee que tamén buscou a vitoria en todo momento. Os de Varu fixeron unha primeira metade das mellores da temporada, ante un Cee que intentaba levar o peso do partido e o Camelle buscando a contra e xerando varias ocasións. Dido e Sergio tiveron boas ocasións que salvou Maikel con dúas grandes paradas, e foi Félix, de fermoso taconazo o que abría o marcador.
Tivo o Cee tamén unha moi clara na primeira nunha boa xogada de Juan pola banda que centra e Leo remata fóra por pouco.

Voltou a marcar o Camelle ó inicio da segunda metade nun balón mal despexado pola defensa ceense, cun centro lateral e gol de novo de Félix. Tivo aí o partido na man o Camelle, peronon o soubo pechar, e no canto de gardala roupa, deixou que o partido quedase aberto con ocasións para os dous bandos. Reaccionou o Cee, que foi claramente polo partido acurtando distancias nunha chegada de Piquero que só diante do porteiro cede para que Leo marque. A partir de aí o Cee tomou o mando, e tivo ocasións para empatar pero non acertamos en varios remates na boca do gol, dous de Piquero e un de Jacobo que non entraron inexplicablemente. Pediron penalti os ceenses sobre Juan, pero o colexiado non o viu, como tampouco viu o fóra de xogo de Piquero no gol do empat, para un equipo de Rafa que acabou xogando con 3 xuvenís e un cadete.


San Lorenzo - Montelouro (3-2)

  • SAN LORENZO: Puyol, Anxo (Javi Puñal,m in.58), Rudy (David, min.75), Alex Figueiras, Pablo Novo, Alex Taibo, Adrián Fraga, Parafita, Javi Pensado (Óscar, min.59) , Fuentefría e Juni (Joaquín, min.82).
  • MONTELOURO: Fernando (Isma, min.50), Abel, César, Pablo, Teo, Dani Corniños (Edu, min.80), Riki, David (Geico, min.50), Pesco, Gelo e Ancho (Benja, min.80).
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián Fraga; 2-0, min.35: Fuentefría; 2-1, min.70: Dani Corniños; 3-1, min.82: Juni; 3-2, min.85: Pesco.
  • Expulsión: Riki no minuto 20 por protestar.

Prantou cara o Montelouro a todo un San Lorenzo, e iso que quedaba con 10 aos 20 minutos pola expulsión, por protestar, de Riki. O Montelouro protestou a actuación arbitral e estivo metido no partido ata o pitido final, se ben o equipo de Pedro Gómez sempre estivo un paso por diante.

A primeira metade foi igualada, co San Lorenzo algo mellor sobre todo despois da expulsión, e Adrián Fraga e Fuentefría metían ao cadro carballés por diante.

Carias ocasións tivo o San Lorenzo para sentenciar, co 2-0 cun par de balóns á madeira de Juni e Parafita, pero era o Montelouro o que se metía no partido co tanto de Dani Corniños. Non lle perdía cara ao partido, nin sequera co terceiro tanto de Juni, e con outro balón á madeira de Fuentefría, e o cadro de Marcelo, cun derroche de entrega, marcaba o 3-2 e metía o medio no corpo aos locais nos últimos 5 minutos, pero sen claras ocasións para acadar o empate.

Boas novas para os de Pedro Gómez, que celebraron o re-debut de Óscar Suárez, o mítico pichichi carballés que volve aos terreos da Liga da Costa, despois da súa experiencia no banco do Malpica e dos campos de Veteranos.


Volantes - Carnota (1-3)

  • VOLANTES: Marcos, Brea (Jesús), Picho, Mayuyo, Javi (Juan), Mingos, Miguel, Óscar, Ivi, Brais (Suso) e Piti.
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Nico, Nakata (Andrés), Cano, Manuel Luís (Raúl), Pumuky (Robi) e Míchel (Pablo Beiro).
  • Goles: 0-1, min.31: Cano aproveita un balón que non bloca Marcos; 1-1, min.44: Mayuyo de falta; 1-2, min.76: Robi de lanzamento dende moi lonxe; 1-3, min.87: Míchel de tiro cruzado tras unha boa combinación con Robi.

Partido bronco, sen xogo ningún, con moito patadón e a buscar as segundas xogadas, máis propio dun 0-0 que dun 1-3. Pero o Volantes víu como un acertado Carnota, máis necesitado de puntos (pegou con estes 3 un salto considerable na táboa e pode respirar tranquilo o cadro de Cambeiro), levaba os puntos do Eleuterio Balayo.

Apenas houbo ocasións na primeira metade, e só gracias a un erro do meta local Marcos, Cano podía facer o 0-1 despois dun saque de banda longo que peiteaba Pedro. Ao fío do descanso, Mayuyo empataba de falta deixando o partido aberto de cara á segunda metade.

No segundo tempo, o Carnota foi superior, pero co empate, o Volantes protestou un gol anulado a Pito. Pouco despois Robi asinaba o 1-2 e cando o partido encaraba o final, unha boa combinación de Robi con Míchel remata co tiro cruzado do xogador vimiancés, demostrando que a veteranía dos Míchel e Cano (ademais dos Luís e Ferreiro e dos eternos xogadores da casa como Manolo Chouza, Pedro, Tono, Niko…) lle está sentando ben aos de Cambeiro.


Outes - Camariñas (2-1)

  • OUTES: Gato, Borja, Jura, Róber Amoedo, Chúa, Martín, Chía (Poke), Saúl (Simón), Babu (Manu), Elías e Mario.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Denis, Pereira (Brais, min.80), Darío, Sergi, Moriño, Saviola (Javi, min.46), Yuyo (Piti, min.65), David, Sule e Isma.
  • Golazo: 1-0, min.30: Elías de pase de Jura; 1-1, min.55: David; 2-1, min.75: Mario de volea.
  • Expulsión: o local Elías no treito final.

Fantástico ambiente, coma sempre, no Cunchido, con 300 personas nas bancadas, para ver este gran partido entre un dos que pelexan polo título e un Camariñas que está a facer unha gran segunda volta. Foi un partido disputado no que un empate tería sido tamén moi xusto sería de empate, pero a penalización chegaría para o Camariñas en dous erros claros defensivos.

A primeira parte con moita disputa, cun Outes algo máis mandón que se adiantaba por medio dun Elías que tivo o segundo tamén nos seus pés.

Pero na segunda, o Camariñas saíu con máis ambición, e fixo sufrir a todo un Outes. Empatou David pronto e o partido se puña igualadísimo. Pero o equipo de Gerpe foi perdendo folgos, Mario facía o segundo de volea e malia que os de Manu Roque quedaban con 10, o Camariñas, xa con 3 defensas, non chegou con claridade para facer o emapate.

Partidazo no Cunchido.


Baíñas - Mazaricos (2-3)

Martin agradecendo nas redes socias o apoio de Mazaricos e Bainas
  • BAÍÑAS: David, Marcos (Llanero, min.60), Mario, Braulio, Luís, Eloy Cabeza, Eloy Vilas, Tasky (Esteban, min.60), Jaime, Pablo e Javi.
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban (Tuco, min.70), Chico (Ferreiro, min.60), Matías (Cabrexo, min.75), Ramón, Ricardo, Pereiro, David, Estéfano e Chenel.
  • Goles: 0-1, min.15: Chenel marca un golazo de volea tras un pase de Ricardo; 0-2, min.30: David de penalti; 1-2, min.42: Tasky; 1-3, min.88: Estéfano de tiro cruzado; 2-3, min.94: Llanero.
  • Expulsión: o local Luís (min.66).

Fermoso derbi montañés no municipal de Vimianzo que comezaba cunha demostración de cariño dos dous equipos cara un deses futbolistas que marcan épocas no fútbol costeiro. Os dous equipos se puxeron a camiseta de “Ánimo Martín”, o eterno capitán amarelo durante 13 temporadas, que este ano fichou polo Baíñas pero que se lesionou de gravidade ante o Volantes, e que será operado este venres de rotura total do cruzado e parcial do ligamento lateral externo. O propio Martín agradecía dende as redes socias o detalle dos seus compañeiros e amigos, e dende aquí tamén lle dexamos unha pronta recuperación.

No deportivo era un partido moi fermoso, entre dous equipos que veñen petando forte e avisando ao grupo cabeceiro. Saíu o Mazaricos moi ben prantados no campo defensivamente e neutralizando, con superioridade no medio campo, o xogo ofensivo dos locais. Ademais, en ataque estaban moi ben os de Néstor, xerando perigo continuamente, e xa ao cuarto de hora Chenel deixaba constancia da súa calidade cun golazo de volea.

O Baíñas, sen ideas na saída do balón, pero con máis corazón que cabeza, empurraba ata chegar arriba, pero non estaba acertado. Nunha contra á media hora, Estéfano colle as costas da defensa e se pranta só pero Marcos agárrao. Os locais entenden que era fóra da área pero o colexiado pita penalti, se ben non expulsou a Marcos a pesar de ser o último defensa. David non fallou dende os 11 metros para meter o 0-2.

Espertou aí o Baíñas que rematou ben a primeira metade e saíu forte nos 15 primieros minutos da segunda. De feito, Tasky reducía distancias a 5 do descanso e o empate estivo preto, pero acabáronselle as forzas aos Pablo Mallón e o amarelo volveu tomar o campo, aproveitando os ocos que deixaban atrás os verdes, pois tiñan que arriscar. Á contra Chenel e David avisaban pero foi Estéfano de tiro cruzado o que sentenciaba o choque e só co tempo cumplido Llanero deixaba constancia da súa calidade, pero xa sen tempo para a remontada.

Fermoso partido o xogado en Vimianzo, dende logo!


Ponteceso - Buño (4-2)

Comentarios