E nova fin de semana de Fútbol da Costa por todos os costados. Con títulos en xogo, unha vez que rematan as Ligas comarcais Preferente - Senra Sport, na que os nosos irregulares equipos queren gañar para confirmar que non van ter que mirar cara abaixo o que resta de temporada.
Novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Corme, tras tras vencer ao Sofán, visita Pedra Queimada, estando aínda algo máis necesitado que o Malpica, pero ao que pode atrapar na táboa. Por detrás, a Esteurana terá unha nova finalísima ante a visita do Bertamiráns B, i é que a estas alturas, para saír do pozo, cada partido é un mundo e nada se pode escapar da Salina.
Pola zona media alta, o Sofán non pode fallar ante o Piloño no Carral; o Baio viista a un dos de abaixo, o Agolada, e pode facerlle un favor a Corme e Esteirana, e o Soneira, a ver se dá a de cal nun dos partidos dos que dan o mellor, ante o líder.
Non poden fallar os 4 de arriba, como a pasada xornada, na 2ª Autonómica - ES Bazarra, onde a atención se centra nun Cabana-Porteño fundamental para ambos. I é que ollando aos posibles arrastres, ata o 4º por abaixo non se pode despistar.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e co Cerqueda máis destacado que nunca, teremos un Nantón-Cerqueda e un Lira-Ameixenda máis que interesantes.
Penúltima xornada en Xuvenís
Está que ferve a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Con 5 equipos en 3 puntos pelexando pola 2ª praza que dá acceso á Fase, esta xornada pode ser decisiva. O Camariñas teno de cara pero se perde cos Miúdos en Muros todo cambiaría. O XSC ten a difícil tarea de visitar o Conco, pero é o cadro xalleiro o único que conseguíu vencer esta campaña aos dumbrieses. Ademais, o Cabana ten que vencer na Grixa se quere manter aspiracións ata o último día.
Un título en xogo
Xa ca 1ª Cadete completamente decidida, toca mirar cara a 1ª Infantil. Xóganse XSC e Fisterra todo o sábado pola tarde. Os de Rupper visitan a un Vimianzo en zona baixa e só lles vale gañar para asegurar o título. Mentres o Fisterra só pode gañar e esperar que falle o XSC para aspirar ao título e á única praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega.
Veteranos
Nos Veteranos co paso aberto feito a pasada xornada ao San Román, o líder terá un choque complicado ante o San Lorenzo, 5º a só 5 puntos. Atento estará o Coristanco a calquera tropezo pero terá que vencer en Castriz. O Milagrosa e o Hosgran protagonizarán outro partidazo, 3º e 4º buscando manterse na pelexa por todo.
Ademais, en 2ª División, choque no cumio, entre Agualada e Erbecedo. O Erbecedo, 2º a 4 puntos pero cun partido menos, pode apretar o título ata o máximo.
Sp. Sada | | 15/03 - 17:00 | | Xallas StComba |
Dumbría | | 15/03 - 17:00 | | Estudiantil |
Sofán | | 15/03 - 16:30 | | Piloño |
Soneira | | 15/03 - 16:30 | | Villestro |
Esteirana | | 15/03 - 17:00 | | Bertamiráns B |
Agolada | | 15/03 - 17:00 | | Baio |
Malpica | | 15/03 - 17:00 | | Corme |
Montelouro | | 15/03 - 16:30 | | Fisterra |
Buño | | 15/03 - 17:00 | | Seaia |
Cabana | | 15/03 - 17:00 | | Porteño |
Zas | | 15/03 - 17:00 | | Camelle |
Cee | | 15/03 - 17:00 | | San Lorenzo |
Castriz | | 15/03 - 17:00 | | Volantes |
Carnota | | 15/03 - 17:00 | | Outes |
Camariñas | | 15/03 - 17:00 | | Baíñas |
Mazaricos | | 15/03 - 17:00 | | Ponteceso |
Lira | | 14/03 - 17:00 | | Ameixenda |
Muxía | | 15/03 - 16:30 | | Laxe |
Nantón | | 15/03 - 17:00 | | Cerqueda |
Coristanco | | 15/03 - 17:30 | | Castrelo |
Os Miudos | | 14/03 - 16:30 | | Camariñas |
Dumbría | | 14/03 - 17:00 | | Xallas StComba |
Porteño | | 14/03 - 17:00 | | Cabana |
Baio | | 14/03 - 16:30 | | Ponteceso |
Muxía | | 14/03 - 16:30 | | Castriz |
Corme | | 14/03 - 16:30 | | Outes |
Malpica | | 14/03 - 16:30 | | Corcubión |
Fisterra | | 14/03 - 16:30 | | Esteirana |
Coristanco | | 14/03 - 17:30 | | Cee |
Dumbría | | 14/03 - 11:30 | | Víctoria |
Xallas StComba | | 15/03 - 11:30 | | Imperator |
Bergantiños | | 15/03 - 12:00 | | Dumbría |
Fisterra | | 14/03 - 10:30 | | Corme |
Outes | | 14/03 - 10:30 | | Coristanco |
Ponteceso | | 14/03 - 16:00 | | Sofán |
Cee | | 14/03 - 18:15 | | Muxía |
Baio | | 15/03 - 10:45 | | Os Miudos |
Esteirana | | 15/03 - 11:00 | | Cabana |
Vimianzo | | 14/03 - 16:00 | | Xallas StComba |
Esteirana | | 14/03 - 16:00 | | Fisterra |
Sofán | | 14/03 - 16:30 | | Os Miudos |
Cee | | 14/03 - 16:30 | | Zas |
Cabana | | 14/03 - 16:30 | | Coristanco |
Outes | | 15/03 - 10:30 | | Ponteceso |
Baio | | 13/03 - 19:00 | | Cabana |
Coristanco | | 13/03 - 19:15 | | Zas |
Vimianzo | | 13/03 - 19:15 | | Muxía |
Esteirana B | | 6-5 | | Os Miúdos A |
Esteirana A | | 11-0 | | Os Miúdos B |
Dumbría | | 13/03 - 19:00 | | Fisterra |
Dumbría B | | 14/03 - 10:00 | | Cee A |
As Baleas | | 14/03 - 10:30 | | Sofán |
Lira | | 14/03 - 11:00 | | XSC A |
Outes A | | 15/03 - 13:00 | | Cee B |
Esteirana | | 7-1 | | Os Miúdos B |
Dumbría | | 13/03 - 18:00 | | Fisterra |
XSC B | | 14/03 - 11:00 | | Os Miúdos A |
As Baleas | | 14/03 - 11:30 | | Sofán |
Lira | | 14/03 - 12:00 | | XSC A |
Outes | | 15/03 - 12:00 | | Cee B |
San Román | | 15/03 - 09:30 | | San Lorenzo |
Bértoa | | 15/03 - 09:30 | | Xv. Bergantiños |
Zas | | 15/03 - 11:00 | | Laxe |
Hosgran | | 15/03 - 11:00 | | At. Milagrosa |
Cabana | | 15/03 - 11:00 | | Soneira |
Castriz | | 15/03 - 11:00 | | Coristanco |
Baio | | 15/03 - 11:15 | | Ponteceso |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 25
Dep. Carballo | | 15/03 - 09:15 | | Porteño |
Sofán | | 15/03 - 10:30 | | Nantón |
Vimianzo | | 15/03 - 11:00 | | Poniente |
Cerqueda | | 15/03 - 11:00 | | Malpica |
Corcoesto | | 15/03 - 11:00 | | Leiloio |
Erbecedo | | 15/03 - 11:00 | | Agualada |
San Isidro-Razo | | 15/03 - 11:00 | | Buño |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).